miércoles, 14 de marzo de 2012



Concello de Burela
Bolsa de Emprego


Rede de Empresas

Que é?
            Trátase dunha bolsa na que se integran as empresas do noso Concello e comarca, facilitando o acceso dos empresarios a tódolos servizos que gratuitamente ofrece a Concellaría, tales coma:
1.      selección de persoal,
2.       formación dos traballadores,
3.      asesoramento en materia de axudas e subvencións.

Asemade é un instrumento de enlace das ofertas e demandas na localidade de Burela:
 
-          Facilitarlles ás empresas que integren a bolsa o perfil de candidatos axeitado ó perfil concreto que elas demanden.
-          Convenios de colaboración de formación con compromiso de contratación.
-          Convenios de colaboración de prácticas tuteladas con o sen compromiso de contratación.


Para quen é?


Dirixida ó tecido empresarial co fin de crear unha rede de cooperación entre os distintos axentes económicos.

Cómo acceder?
As persoas interesadas deben indicalo na Concellería de Emprego, previa cita:

Departamento de Emprego. Avda. Arcadio Pardiñas, 137, entlo.
Teléfonos: 982581630
Email: emprego@burela.org
De luns a venres de 08:30-14:30.


No hay comentarios:

Publicar un comentario