1 - XORNADA TÉCNICA.- LIÑAS DE FINANCIAMENTO ENISA-IGAPE/JEREMIE 2014
|
O
próximo xoves, día 6 de novembro, apartir das 10 da mañá,
desenvolverase en Santiago de Compostela unha xornada técnica sobre as
liñas de financiamento empresarial da Empresa Nacional de Innovación
(ENISA) e da Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e
Xesgalicia.
|
|
2 - AXENDA.- INNOVANDO "Cos Pés na Terra" (30 e 31 de outubro de 2014 no Forum Carballo)
|
Todos
os indicadores apuntan á innovación como un dos factores que axudan a
saír das crises, por iso queremos poñer en valor con estas xornadas
iniciativas tanto locais como externas que axuden a todos e todas as que
queiran asistir a visualizar iniciativas e compartir experiencias cos
seus promotores.
|
|
3 - CONVOCATORIA.- XIX Premio Xove Empresario do Ano - AJE Pontevedra
|
A
Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra no seu compromiso coa
promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a
creación de emprego e a internacionalización da PEME organiza este ano a
XIX Edición do Premio Xove Empresario.
|
|
4 - Os autónomos poderán contratar traballadores mantendo a tarifa plana de 50 €
|
A
tarifa plana de 50 € durante os dous primeiros anos para os autónomos
foi unha das medidas efectivas que máis dinamizou o sector. Non obstante
tiña algunhas restricións absurdas, que agora en certa medida se van
corrixir, posto que a Ministra de Emprego, Fátima Bañez anunciou onte
que os autónomos poderán contratar traballadores mantendo a tarifa plana
de 50 €.
|
|
5 - FORMACIÓN.- Curso on-line "Chaves do éxito no proceso de presentación de propostas a investidores"
|
Dende
o vindeiro 31 de outubro ata o 28 de novembro do presente ano,
celebrarase a través da plataforma virtual do Programa Uniemprende o
Curso on-line "Chaves do éxito no proceso de presentación de propostas a
investidores".
|
|
6 - Baixada da retención do IRPF ao 15% para tipo reducido de retención para autónomos de escasa facturación ou baixos ingresos
|
Unha
das novidades contempladas na reforma fiscal para este final de 2014 e o
vindeiro ano 2015 anunciada polo Goberno, es la reducción de la
retención del IRPF para aquellos autónomos de escasa facturación o
tambien de bajos ingresos.
|
|
7 - CONCURSO.- I Concurso FaiteDixit@l! de Aplicacións Móbiles
|
Tes
unha idea innovadora para desenvolver unha aplicación para móbiles?
Entón, este é o teu espazo! Participa no I Concurso FaiteDixit@l! de
Aplicacións Móbiles, organizado pola Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración de Fundetec.
|
|
8 - O que ninguén che contará sobre montar unha Startup
|
E
por que ninguén fala sobre iso? Pois porque é difícil, require aceptar e
dicir en voz alta que moitas veces andas perdido, que non tes todas as
respostas e que o estás a pasar mal.
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario