martes, 4 de febrero de 2014

Subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais. Galicia.

Consellería de Economía e Industria


ORDE do 27 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN217A).

Orde de axudas, dirixida a emprendedores no ámbito do comercio, persegue incentivar a creación de emprego en materia de comercio así como a modernización, adecuación e calidade dos novos establecementos comerciais, co obxectivo de acadar un tecido comercial equilibrado e competitivo que dea resposta ás demandas dos consumidores e que dinamice a actividade comercial das nosas vilas e cidades e mellore a súa imaxe e seguridade. 

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 30 de xuño de 2014.

Objeto de la subvención: En concreto, considéranse actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de novembro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18 a adquisición de:

1) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

2) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Quedan excluídos neste punto, os equipamentos informáticos, impresoras, televisións, monitores, sistemas de alarma ou similares.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

3) Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda (TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais.
As páxinas web deberán dispor de navegación por menús e conter como mínimo páxinas de presentación da empresa, detalle da actividade comercial realizada, localización do establecemento comercial, contacto e información dos produtos que oferta.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

4. Non serán subvencionables os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

5. En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000,00 €, IVE excluído.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140204/AnuncioCA04-280114-0001_gl.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario