miércoles, 20 de agosto de 2014

CT207E Subvencións para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. 20/08/2014

CT207E - Subvencións para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual
galego.
Forma presentación
Tramitación en liña
Presencial
Datos solicitude
Prazo de presentación: 15/08/2014 - 15/09/2014.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
Documentación
Solicitude normalizada segundo o Anexo I desta resolución, acompañada da seguinte documentación
administrativa:
a) DNI/NIE do solicitante, no caso de que o solicitante non opte por autorizar á Agadic ao acceso aos seus
datos persoais.
b) Certificado de empadroamento en Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo
que establece a Área Económica Europea. Os solicitantes domiciliados na Comunidade Autónoma de
Galicia poderán autorizar á Agadic ao acceso telemático aos seus datos de residencia. Nese caso non será
obrigatorio achegar o certificado.
c) Declaración subscrita polo solicitante de que o proxecto é obra orixinal e non foi
desenvolvido.
d) Declaración de autorización expresa do propietario dos dereitos da obra preexistente.
e) Adicionalmente, para acceder á modalidade C:
Copia compulsada ou cotexada do documento público do poder notarial, con que actúa o
representante, debidamente inscrito no Rexistro Mercantil, se é o caso.
Copia compulsada ou cotexada do documento público da constitución legal da empresa, e inscrición
no Rexistro Mercantil, se é o caso.
Copia compulsada ou cotexada da tarxeta de identificación fiscal, se é o caso.
Copia compulsada ou cotexada do certificado acreditativo de estar dado de alta no imposto de
actividades económicas, na epígrafe correspondente, no exercicio actual.
Ademais da documentación anterior, achegarase un exemplar sen encadernar da seguinte documentación técnica,
que se enviarán directamente á comisión, para a súa avaliación, unha vez que a documentación administrativa
estea completa:
Modalidade A: escrita individual de guión para películas de longametraxe cinematográfica ou para TV.
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=CT&codProc=207E&procedemento=CT207E
2 de 5
20/08/2014 09:15:39
a) Historial profesional do solicitante.
b) Memoria explicativa do proxecto cunha extensión mínima de cinco páxinas, onde se inclúa unha
reflexión sobre a viabilidade do proxecto no audiovisual galego.
c) Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha páxina.
d) Tratamento ou argumento do proxecto de guión, cunha extensión mínima de 20 páxinas a dobre
espazo.
e) Se é un guión adaptado: declaración de autorización expresa do propietario dos dereitos da obra
preexistente.
f) Declaración que especifique que a lingua orixinal da escrita é o galego.
Modalidade B: curtametraxe.
a) Memoria explicativa do proxecto, cunha extensión mínima de cinco páxinas.
b) Sinopse do proxecto, cunha extensión máxima de dúas páxinas.
c) Guión definitivo da produción.
d) Calendario do proxecto e plan de produción.
e) Currículo do equipo técnico-artístico.
f) Declaración que especifique que a lingua orixinal de rodaxe/gravación é o galego.
g) Calquera outra documentación que o solicitante ache pertinente para a mellor defensa do
proxecto.
Modalidade C: longametraxe.
a) Sinopse argumental dun máximo dunha folla.
b) Unha memoria dun máximo de dez páxinas onde se describa a obra que se pretende crear,
xustificando o seu carácter experimental ou innovador.
c) Guión, se é o caso, ou unha presentación audiovisual en soporte dixital (DVD), dun máximo de
cinco minutos, como avance do proxecto.
d) Calendario do proxecto, plan de produción e plan de localizacións da rodaxe.
e) Plan de financiamento.
f) Historiais de: empresa solicitante, director e equipos técnico e artístico.
g) Declaración que especifique que a lingua orixinal de rodaxe é en galego.
h) Calquera outra documentación que o solicitante considere pertinente para a mellor defensa do
proxecto.
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia
dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co
orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a
exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos
35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do
2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas
entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros
establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e
do procedementos administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista
constancia de que sexan auténticas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou
representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o
número ou código único de rexistro.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado
dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27
da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de
decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas
entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de
identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de
Galicia.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=CT&codProc=207E&procedemento=CT207E
3 de 5
20/08/2014 09:15:39
establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e
do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta
de Galicia.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo
ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil
seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo
expira o último día do mes.
A onde acudir
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un
correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881996077 / 881996078 Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Obxecto
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para fomentar a creación de obras
audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a
cargo de creadores individuais ou a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e
proceder á súa convocatoria para este ano 2014.
As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo
á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total
das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante
calquera período de tres exercicios fiscais.
Modalidades
1. Poderán ser obxecto de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais as seguintes modalidades de
proxectos:
Modalidade A: subvencións á escrita individual de guión en galego. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais
ou adaptación de obras literarias, para longametraxes de ficción e animación. A contía adxudicada por proxecto será de
5.000 euros, á que serán de aplicación as retencións impositivas legalmente previstas.
Modalidade B: subvencións para a realización de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega cunha
duración inferior a 30 minutos. As subvencións terán unha contía de 6.000 euros, á cal serán de aplicación as retencións
impositivas legalmente previstas.
Modalidade C: subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega, cunha duración
superior a 30 minutos e que conten cun director novel (primeira ou segunda longametraxe). As subvencións terán unha
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=CT&codProc=207E&procedemento=CT207E
4 de 5
20/08/2014 09:15:39
contía de 30.000 euros.
2. Serán obxecto prioritario das modalidades B e C aqueles proxectos e obras experimentais de decidido contido artístico e
cultural:
- Que propoñan unha ruptura cos códigos narrativos convencionais, é dicir, que vaian alén do tratamento formal das
imaxes, dos virtuosismos da montaxe, dun uso do son innovador, dunha mestizaxe de xéneros ou da alteración máis ou
menos radical da linealidade narrativa.
- Que aposten polo proceso de rodaxe-gravación como método para atopar unha historia, para captar unha experiencia
reveladora que tería sido imposible prever literariamente ou preparar dramaticamente, ou para crear un universo propio
comunicable.
- Que supoñan unha indagación subxectiva radical ou unha exploración de universos temáticos polos cales non se
aventuran a miúdo as obras audiovisuais.
Cada proxecto deberá estar inscrito nun só tipo ou modalidade.
No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia.
c) Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.
d) Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas da Administración pública galega.
E supletoriamente:
e) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de
subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico, que son de
aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.
f) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións.
g) Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
As subvencións serán concedidas, mediante o procedemento de concorrencia competitiva.
Beneficiarios
- Poderán optar a estas subvencións referidas nas modalidades A e B todas as persoas físicas residentes, cando menos
por un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme
parte do acordo que establece a Área Económica Europea, sempre que non realicen esta actividade de xeito profesional.
- Poderán optar as subvencións referidas na modalidade C as empresas produtoras establecidas, cando menos por un ano
previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do
acordo que establece a Área Económica Europea, ou directores constituídos como empresa individual.
Obrigas dos beneficiarios
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=CT&codProc=207E&procedemento=CT207E
5 de 5
20/08/2014 09:15:39
1. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os
beneficiarios das subvencións quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que foron
concedidos.
2. As producións subvencionadas deberán axustarse fielmente ao proxecto presentado. Calquera alteración relevante do
proxecto, cambio de título, modificación substancial de contidos ou trocos nos responsables do equipo técnico deberalle ser
notificada con anterioridade á Agadic, que adoptará as medidas que considere procedentes.
3. Na documentación do proxecto (materiais de promoción e distribución) e nos títulos de crédito da produción resultante,
páxina web, etc., farase constar que recibiu unha subvención por parte da Agadic coa súa imaxe corporativa.
4. Os beneficiarios dan a autorización expresa á Agadic para a utilización da produción subvencionada co obxecto da súa
sociabilización, nas actividades de promoción e difusión que lle corresponden. Nas modalidades B e C, nos títulos de
crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: «Coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais»,
de conformidade coa normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.
5. Así mesmo, estarán obrigados a facilitarlle á Agadic copias da documentación empregada para a realización, promoción
e difusión da obra (guión definitivo, carteis, fotografías, músicas, capas e outros materiais).
Requisitos
- Non poderán acceder ás subvencións os solicitantes que se encontren afectados por algunha das circunstancias previstas
no artigo 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Non poderán acceder ás subvencións aqueles solicitantes que obtivesen axudas de Agadic á promoción e ao
desenvolvemento do talento audiovisual galego na convocatoria inmediatamente anterior a esta, na mesma modalidade.
- Non poderán acceder á modalidade A (escrita individual de guión) aqueles solicitantes que figuren como guionistas de
dúas ou máis longametraxes realizadas na data de publicación da presente convocatoria.
- Non poderán acceder á modalidade B (realización de curtametraxes) aqueles solicitantes que figuren como directores de
dúas ou máis curtametraxes ou dunha longametraxe subvencionadas pola Agadic antes da data de publicación da presente
convocatoria.
Normativa
AUTONÓMICA
Resolución do 4 de agosto de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións de
creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2014
(DOG nº 154 do 14 de agosto de 2014).
Acceda a este e a outros procedementos relacionados a través da guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia
en https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos

No hay comentarios:

Publicar un comentario