viernes, 25 de abril de 2014

INFORMACION DE INTERESE PARA EMPRESAS E EMPRENDEDORES DE GALICIA. 25/04/2014


Boletín de Noticias IGAPE Nova
1 - Xornada técnica Galicia Emprende en Lugo (29 de abril)
O salón de actos do Instituto de Seguridade e Saúde de Lugo, acollerá o próximo martes, 29 de abril, unha xornada sobre os instrumentos de apoio ao emprendemento. O obxectivo é achegar a emprendedores e empresarios información detallada sobre os servizos e apoios para a elaboración, implantación e consolidación de novos proxectos empresariais.
2 - CONCURSOS.- YUZZ Concurso para jóvenes emprendedores (ampliado prazo ao 4 de maio)
O proxecto Yuzz vai dirixido a mozos de entre 18 e 31 anos que teñan unha idea emprendedora de carácter innovador.
3 - Todos os parados poderán pedir o 100% da prestación en pagamento único para investir
A ministra de Emprego, Fátima Báñez, anunciou que o Goberno xeneralizará a posibilidade de solicitar o pagamento nunha soa vez do 100% da prestación por desemprego para poñer en marcha un negocio, unha opción que ata agora só gozaban os varóns menores de 30 anos e as mulleres que non alcanzaran os 35. O resto debía conformarse unicamente co 60% da cantidade que tiveran pendente de cobramento no momento da solicitude.
4 - O dicionario do emprendedor: 25 'palabros' que debes coñecer se montas unha startup
Estás a montar unha startup e non sabes o que é un business angel, o venture capital ou o networking? Entón bótalle un ollo a este dicionario, que che fai falta.
5 - Startup4cities: a cidade convértese nun laboratorio de probas para emprendedores
Fundetec e a Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI) puxeron en marcha a iniciativa startup4cities, un proxecto pioneiro a nivel mundial que pretende impulsar o desenvolvemento de proxectos orientados a mellorar a eficiencia e a calidade de vida das cidades.
6 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- produción escénica
RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2014 pola que se aproban as bases de subvencións á produción escénica e se convocan para o ano 2014.
7 - AXUDAS Y SUBVENCIÓNS. -Aberta Convocatoria Emprendetur 2014
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo abriu a convocatoria da III edición de Emprendetur, liña de financiamento dotado con 110 millóns de euros destinados a financiar proxectos de emprendedores, Programa Emprendetur Jóvenes Emprendedores, así como outros relacionados coa innovación no sector turístico, Programa Emprendetur I+D+i.
8 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS. - apoio financeiro ao investimento industrial
Orde IET/619/2014, do 11 de abril, pola que se establecen as bases para a concesión de apoio financeiro ao investimento industrial no marco da política pública de reindustrialización e fomento da competitividade industrial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario