miércoles, 11 de junio de 2014

BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE DEZ PEÓNS CONDUTORES PARA A DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS. CONCELLO DE LUGO.

Anuncio
DECRETO NÚMERO 14005295 DO 02/06/2014
Excmo. Sr. Don JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO.- Alcalde Presidente do Excmo. Concello.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día vinte e un de maio de
dous mil catorce, adoptou, entre outros, o acordo número 13/353, relativo a APROBACIÓN DAS BASES DO
PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE DEZ PEÓNS CONDUTORES PARA A DEFENSA
CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.
Por todo o que, esta Alcaldía, en uso das atribucións conferidas polos artigos 124 e 127 da Lei 7/1985, do 2
de abril, reguladora das bases do réxime local, así como en virtude do acordo nº 16/388 da Xunta de Goberno
Local, do 29 de maio de 2013, e do decreto número 13008312, do 30 de agosto de 2013, modificado polos
decretos números 14003100 e 14004468, de datas do 31 de marzo e do 12 de maio de 2014, respectivamente,
RESOLVE:
Primeiro.- Convoca-lo proceso selectivo para a contratación temporal de dez peóns condutores para a
defensa contra incendios forestais, que se rexirá polas bases específicas que a continuación se transcriben:
“Prazas para convocar: 10 peóns condutores
Grupo: agrupacións profesionais
Duración do contrato: TRES MESES.
Data de inicio: 1 de xullo do 2014.
37 Núm. 129 – Sábado, 7 de Junio de 2014 B.O.P de Lugo
Data de remate 30 de setembro do 2014.
Xornada de traballo: traballo a quendas, incluídos sábados e festivos.
1.- REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES:
As persoas aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se sinalan na data de finalización do
prazo de presentación de instancias, tendo en conta que no prazo de corrección de defectos unicamente poderá
corrixirse o requisito da non presentación do DNI, do carné de conducir B e da titulación.
Para ser admitido/a a esta convocatoria, as persoas aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o
prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:
a) Ser español/a ou nacional dos demais estados membros da Unión Europea. Así mesmo, poderán
participar no proceso selectivo as persoas estranxeiras que reúnan a condición de cónxuxes de españois
ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados/as de
dereito, e os/as seus/súas descendentes e os/as do/a seu/súa cónxuxe menores de 21 anos ou maiores
que vivan ás súas expensas.
As mesmas regras aplicaranse, se é o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos
tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa
de aplicación a libre circulación de traballadores.
b) Estar en posesión do certificado de escolaridade ou titulación superior ou equivalente.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións
públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en
inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso
de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido
sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o
acceso ó emprego público.
e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou menoscabe o normal exercicio da función.
f) Estar en posesión do carné de conducir de tipo B.
2.- ÁMBITO DE PUBLICIDADE:
O anuncio de convocatoria farase público no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Os sucesivos anuncios en relación con este proceso, publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello de
Lugo.
3.- PRAZOS E REQUISITOS DE FORMA NA PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:
Os/as que desexen tomar parte neste proceso deberán facelo constar na instancia que lles será facilitada no
Rexistro Xeral do Concello. As instancias dirixiranse ó Excmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Lugo, e nelas
farase constar expresa e detalladamente ademais dos datos persoais da persoa solicitante, que se reúnen todos
e cada un dos requisitos esixidos na base 1.
Prazo de presentación: o prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do
día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Lugar de presentación: a presentación de instancias realizarase no Rexistro Xeral do Concello ou a través da
vía establecida no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas
e do procedemento administrativo común.
Documentación que hai que presentar xunto coa instancia. As instancias terán que vir acompañadas dos
seguintes documentos:
a.- Fotocopia compulsada do DNI
b.- Fotocopia compulsada do carné de conducir B
c.- Fotocopia compulsada da titulación esixida.
d.- Fotocopia compulsada de toda a documentación que poida serlle puntuada neste proceso.
4.- SISTEMA DE SELECCIÓN:
Consistirá en dúas fases:
A) Realización dun exercicio tipo test ou con preguntas curtas que versará sobre estas materias:
- Factores que inflúen no comportamento do incendio forestal, influencia da topografía, a hora é o clima nos
incendios forestais.
- A propagación do fogo e tipos de incendios forestais.
38 Núm. 129 – Sábado, 7 de Junio de 2014 B.O.P de Lugo
- Ferramentas para a extinción en incendios forestais: O batelumes, pala, eixada, anciño, motoserra,
rozadora, etc.
- Precaucións a adoptar durante unha tormenta.
Esta proba terá carácter eliminatorio e puntuarase de 0 a 15 puntos, sendo necesario acadar unha puntuación
de 7,5 para superala.
A persoa aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte.
B) Baremo de méritos: non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar as probas
da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito. Máximo: 10 puntos
Baremo de méritos:a) Experiencia profesional, ata un máximo de 4 puntos:
- Servizos realizados como peón de brigada de defensa contra incendios forestais na Administración local,
con contratos ou nomeamento feito pola propia Administración local, e referidos ós últimos 10 anos: 0,051 por
cada mes completo ou fracción superior a 15 días. Para acreditar estes traballos as persoas interesadas deberán
presentar unha certificación da Administración de que se trate -excepto aquelas persoas aspirantes que
traballaron no Concello de Lugo, as cales unicamente terán que facelo constar na súa instancia de participación
no proceso selectivo e non terán que presentar a certificación a que fai referencia este parágrafo-, onde conste o
tempo traballado na categoría á que se opta, así como copia compulsada do nomeamento ou contrato de
traballo subscrito para o efecto. De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á
aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.
- Servizos realizados como peón de brigada de defensa contra incendios forestais noutra Administración
pública distinta da local, con contrato ou nomeamento feito pola propia Administración, e referidos ós últimos
10 anos: 0,023 por cada mes completo ou fracción superior a 15 días. Para acreditar estes traballos as persoas
interesadas deberán presentar unha certificación da Administración de que se trate, onde conste o tempo
traballado na categoría á que se opta, así como copia compulsada no nomeamento ou contrato de traballo
subscrito para o efecto. De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á aquí
referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.
- Servizos realizados como peón de brigada de defensa contra incendios forestais en empresas públicas ou
privadas e referidos ós últimos 10 anos: 0,012 puntos por mes. Para acreditar estes traballos as persoas
interesadas deberán presentar a vida laboral, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta, así
como copia compulsada do contrato de traballo subscrito para o efecto. De non presentarse a citada
documentación ou se se presenta outra diferente a aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.
b) Titulación:
Pola titulación académica que se posúa, computarase unicamente o título de maior nivel dos alegados e ata
un máximo de 0,50 puntos. Non será puntuada a titulación esixida para a praza á que se opta.
- Se a maiores do título que se esixe estivese en posesión do título de graduado escolar, educación secundaria
obrigatoria, formación profesional de 1º grao, ciclo medio ou equivalente: 0,25 puntos.
- Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou ciclo superior ou equivalente: 0,50
puntos.
c) Formación:
Por cursos relacionados coa actividade que se vai desenvolver, impartidos pola Administración ou
homologados, ata un máximo de 2 puntos. Os cursos que, a xuízo do tribunal, non estean debidamente
acreditados ou non teñan relación coas funcións propias da praza, non serán puntuados:
- Menos de 15 horas: 0 puntos
- De 15 a 39 horas: 0,10 puntos
- De 40 a 79 horas: 0,20 puntos
- De 80 a 159 horas: 0,40 puntos
- Máis de 160 horas: 0,75 puntos.
d) Inscrición como demandantes de emprego:
Pola inscrición como demandante de emprego nos últimos tres anos, cun máximo de 1,20 puntos: 0,10
puntos por cada mes completo. As persoas aspirantes deberán presentar unha certificación expedida polo INEM,
acreditativa da citada inscrición e do tempo dela, non tendo validez, para estes efectos, ningunha outra
documentación achegada (non será admitida como acreditación nin a tarxeta de demandante de emprego, nin a
de renovación, nin o certificado de vida laboral, etc.). De non presentarse a citada certificación do INEM, a
cualificación neste parágrafo será de 0 puntos.
e) Coñecemento do galego:
39 Núm. 129 – Sábado, 7 de Junio de 2014 B.O.P de Lugo
Pola realización ou validación, se é o caso, do curso de iniciación á lingua galega ou Celga 3: 0,50 puntos. E
pola realización ou validación, se é o caso, do curso de perfeccionamento da lingua galega ou Celga 4: 1 punto.
A puntuación máxima deste parágrafo será de 1 punto.
O resultado final do proceso selectivo será a suma da proba do parágrafo A (para aqueles que superen a
mesma), co resultado do baremo de méritos.
De producirse empate na puntuación, a orde de desempate será a seguinte:
1) Puntuación pola orde dos parágrafos anteriores.
2) Solicitante de maior idade.
En todos os casos será requisito imprescindible a copia compulsada dos documentos que acrediten os
méritos que alega a persoa aspirante.
5.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.
Presidente: D. José Cedrón Pérez, Sarxento de Bombeiros do Concello de Lugo.
Suplente: D. José Novo Pérez, Cabo - Bombeiro do Concello de Lugo.
Vogais:
- D. Miguel Vila López, Cabo – Bombeiro do Concello de Lugo.
Suplente: D. José Carreira López, Cabo – Bombeiro do Concello de Lugo.
- D. José A. Busto París, Cabo – Bombeiro do Concello de Lugo.
Suplente: D. Fernando Díaz Roa, Bombeiro-Condutor do Concello de Lugo.
- D. Javier Rodríguez Rodríguez, Operario de Cemiterio do Concello de Lugo.
Suplente: D. Jesús Bao Piñeiro, Peón do Concello de Lugo.
Secretario: D. José Antonio Carro Asorey, Secretario Xeral do Pleno do Concello de Lugo.
Suplente: D.ª María García Ferro, Vicesecretaria do Concello de Lugo.
ANEXO I:
Os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar previamente á súa contratación, un recoñecemento
médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar. De
non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, declararase o/a aspirante decaído/a do seu
dereito á contratación.
Igualmente os/as aspirantes seleccionados deberán realizar un curso teórico-práctico de formación sobre
prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas. Este curso será obrigatorio, aínda que as
persoas compoñentes da brigada xa o recibisen en anos anteriores. En caso de non superar o curso o/a
aspirante quedará decaído/a do seu dereito á contratación.”
Segundo.- Que se proceda a súa publicación na forma legalmente establecida, facéndose saber que esta
resolución pon fin á vía administrativa e contra ela caberá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no
prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso
Administrativo de Lugo ou, á elección do interesado, ante o da circunscrición onde teña o seu domicilio. Malia o
anterior, e con carácter previo e potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo de UN MES,
contado dende o seguinte á notificación da presente resolución, sen prexuízo de que vostede interpoña calquer
outro recurso que estime procedente en Dereito.
Cúmprase.
R. 2247
Anuncio
DECRETO NÚMERO 14005293 DO 02/06/2014
Excmo. Sr. Don JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO.- Alcalde Presidente do Excmo. Concello.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día vinte e un de maio de
dous mil catorce, adoptou, entre outros, o acordo número 12/352, relativo a APROBACIÓN DAS BASES DO
PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE DOUS XEFES DE BRIGADA PARA A DEFENSA CONTRA
INCENDIOS FORESTAIS.
Por todo o que, esta Alcaldía, en uso das atribucións conferidas polos artigos 124 e 127 da Lei 7/1985, do 2
de abril, reguladora das bases do réxime local, así como en virtude do acordo nº 16/388 da Xunta de Goberno
Local, do 29 de maio de 2013, e do decreto número 13008312, do 30 de agosto de 2013, modificado polos
40 Núm. 129 – Sábado, 7 de Junio de 2014 B.O.P de Lugo
decretos números 14003100 e 14004468, de datas do 31 de marzo e do 12 de maio de 2014, respectivamente,
RESOLVE:
Primeiro.- Convoca-lo proceso selectivo para a contratación temporal de dous Xefes de Brigada para a
defensa contra incendios forestais, que se rexirá polas bases específicas que a continuación se transcriben:
“Prazas para convocar: 2 xefes de Brigada
Grupo: C1
Duración do contrato: TRES MESES.
Data de inicio: 1 de xullo do 2014.
Data de remate 30 de setembro do 2014.
Xornada de traballo: traballo en quendas, incluídos sábados e festivos.
1.- REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES:
Os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se sinalan na data de finalización do prazo de
presentación de instancias, tendo en conta que no prazo de corrección de defectos unicamente poderá corrixirse
o requisito da non presentación do DNI, do carné de conducir B e da titulación.
Para ser admitido/a a esta convocatoria, as persoas aspirantes deberán reunir, na data na que finalice o prazo
de presentación de instancias, os seguintes requisitos:
a) Ser español/a ou nacional dos demais estados membros da Unión Europea. Así mesmo, poderán participar no
proceso selectivo as persoas estranxeiras que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais
doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados/as de dereito, e os seus
descendentes e os do seu cónxuxe menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
As mesmas regras aplicaranse, se é o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados
internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre
circulación de traballadores.
b) Estar en posesión do Título de técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticas,
técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións
públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en
inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No caso de ser
nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción
disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou menoscabe o normal exercicio da función.
f) Estar en posesión do carné de conducir de tipo B.
2.- ÁMBITO DE PUBLICIDADE:
O anuncio de convocatoria farase público no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Os sucesivos anuncios en relación con este proceso, publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello de
Lugo.
3.- PRAZOS E REQUISITOS DE FORMA NA PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:
Os/as que desexen tomar parte neste proceso deberán facelo constar na instancia que lles será facilitada no
Rexistro Xeral do Concello. As instancias dirixiranse ó Excmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Lugo, e nelas
farase constar expresa e detalladamente ademais dos datos persoais do solicitante, que se reúnen todos e cada
un dos requisitos esixidos na base 1.
Prazo de presentación: o prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do
día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Lugar de presentación: a presentación de instancias realizarase no Rexistro Xeral do Concello ou a través da
vía establecida no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas
e do procedemento administrativo común.
Documentación que hai que presentar xunto coa instancia. As instancias terán que vir acompañadas dos
seguintes documentos:
a.- Fotocopia compulsada do DNI
b.- Fotocopia compulsada do carné de conducir B
c.- Fotocopia compulsada da titulación esixida.
d.- Fotocopia compulsada de toda a documentación que poida serlle puntuada neste proceso.
41 Núm. 129 – Sábado, 7 de Junio de 2014 B.O.P de Lugo
4.- SISTEMA DE SELECCIÓN:
Consistirá en dúas fases:
A) Realización dun exercicio tipo test ou con preguntas curtas que versará sobre estas materias:
- Prevención e teoría da extinción en incendios forestais, tácticas de extinción.
- Formas e partes dun incendio forestal, factores que determinan o comportamento
do lume.
- A seguridade nos incendios forestais, as devasas e contralumes.
- Actuacións de ataque directo ou indirecto nos incendios forestais niveis do incendio.
- Os medios aéreos e coordinación de equipos.
Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 15 puntos sendo necesario acadar unha puntuación
de 7,5 para superala.
O aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte.
B) Baremo de méritos: non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar as probas da fase
de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito. Máximo: 10 puntos
Baremo de méritos:
a) Experiencia profesional, ata un máximo de 4 puntos:
- Servizos realizados como xefe de brigada de extinción de incendios forestais na Administración local, con
contratos ou nomeamento feito pola propia Administración local, e referidos ós últimos 10 anos: 0,051 por cada
mes completo ou fracción superior a 15 días. Para acreditar estes traballos, as persoas interesadas deberán
presentar unha certificación da Administración de que se trate -excepto aquelas persoas aspirantes que
traballaron no Concello de Lugo, as cales unicamente terán que facelo constar na súa instancia de participación
no proceso selectivo e non terán que presentar a certificación a que fai referencia este parágrafo-, onde conste o
tempo traballado na categoría á que se opta, así como copia compulsada do nomeamento ou contrato de
traballo subscrito para o efecto. De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á
aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.
- Servizos realizados como xefe de brigada de extinción de incendios forestais noutra Administración Pública
distinta da Local, con contrato ou nomeamento feito pola propia Administración e referidos ós últimos 10 anos:
0,023 por cada mes completo ou fracción superior a 15 días. Para acreditar estes traballos as persoas
interesadas deberán presentar unha certificación da Administración de que se trate, onde conste o tempo
traballado na categoría á que se opta, así como copia compulsada no nomeamento ou contrato de traballo
subscrito para o efecto. De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á aquí
referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.
- Servizos realizados como xefe de brigada de extinción de incendios forestais en empresas públicas ou
privadas e referidos ós últimos 10 anos: 0,012 puntos por mes. Para acreditar estes traballos as persoas
interesadas deberán presentar a vida laboral, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta, así
como copia compulsada do contrato de traballo subscrito para o efecto. De non presentarse a citada
documentación ou se se presenta outra diferente á aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.
b) Titulación:
Pola titulación académica que se posúa, computarase unicamente o título de maior nivel dos alegados e ata
un máximo de 1,50 puntos. Unicamente será aquí puntuada a titulación superior á formación profesional
(titulación mínima esixida para poder optar a esta praza).
-Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 1,5 puntos.
-Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 1 punto.
c) Formación:
Por cursos relacionados coa actividade que se vai desenvolver, impartidos pola Administración ou
homologados, ata un máximo de 2 puntos. Os cursos que, a xuízo do tribunal, non estean debidamente
acreditados ou non teñan relación coas funcións propias da praza, non serán puntuados:
- Menos de 15 horas: 0 puntos
- De 15 a 39 horas: 0,10 puntos
- De 40 a 79 horas: 0,20 puntos
- De 80 a 159 horas: 0,40 puntos
- Más de 160 horas: 0,75 puntos.
42 Núm. 129 – Sábado, 7 de Junio de 2014 B.O.P de Lugo
d) Inscrición como demandantes de emprego:
Pola inscrición como demandante de emprego nos últimos tres anos, cun máximo de 1,20 puntos: 0,10
puntos por cada mes completo. As persoas aspirantes deberán presentar unha certificación expedida polo INEM,
acreditativa da citada inscrición e do tempo dela, non tendo validez, para estes efectos, ningunha outra
documentación achegada (non será admitida como acreditación, nin a tarxeta de demandante de emprego, nin a
de renovación, nin o certificado de vida laboral, etc.). De non presentarse a citada certificación do INEM, a
cualificación neste parágrafo será de 0 puntos.
e) Coñecemento do galego:
Pola realización ou validación, se é o caso, do curso de iniciación á lingua galega ou Celga 3: 0,50 puntos. E
pola realización ou validación, se é o caso, do curso de perfeccionamento da lingua galega ou Celga 4: 1 punto.
A puntuación máxima deste parágrafo será de 1 punto.
O resultado final do proceso selectivo será a suma da proba do parágrafo A (para aqueles que superen a
mesma), co resultado do baremo de méritos.
De producirse empate na puntuación, a orde de desempate será a seguinte:
1) Puntuación pola orde dos parágrafos anteriores.
2) Solicitante de maior idade.
En todos os casos será requisito imprescindible a copia compulsada dos documentos que acrediten os
méritos que alega o aspirante.
5.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.
Presidente: D. José Cedrón Pérez, Sarxento de Bombeiros do Concello de Lugo.
Suplente: D. José Novo Pérez, Cabo - Bombeiro do Concello de Lugo.
Vogais:
- D. Miguel Vila López, Cabo – Bombeiro do Concello de Lugo.
Suplente: D. José Carreira López, Cabo – Bombeiro do Concello de Lugo.
- D. José A. Busto París, Cabo – Bombeiro do Concello de Lugo.
Suplente: D. Fernando Díaz Roa, Bombeiro-Condutor do Concello de Lugo.
- D. Jesús Dorado Pin, Encargado de Vías e Obras do Concello de Lugo.
Suplente: D.ª María Jesús González-Vara Pin, Avogada do Concello de Lugo.
Secretario: D. José Antonio Carro Asorey, Secretario Xeral do Pleno do Concello de Lugo.
Suplente: D.ª María García Ferro, Vicesecretaria do Concello de Lugo.
ANEXO I:
Os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar previamente á súa contratación un recoñecemento
médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo que van
realizar. De non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, declararase o/a aspirante
decaído/a do seu dereito á contratación.
Igualmente os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar un curso teórico-práctico de formación sobre
prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas. Este curso será obrigatorio, aínda que as
persoas compoñentes da brigada xa o recibisen en anos anteriores. En caso de non superar o curso, o/a
aspirante quedará decaído/a do seu dereito á contratación.”
Segundo.- Que se proceda a súa publicación na forma legalmente establecida, facéndose saber que esta
resolución pon fin á vía administrativa e contra ela caberá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no
prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso
Administrativo de Lugo ou, á elección do interesado, ante o da circunscrición onde teña o seu domicilio. Malia o
anterior, e con carácter previo e potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo de UN MES,
contado dende o seguinte á notificación da presente resolución, sen prexuízo de que vostede interpoña calquer
outro recurso que estime procedente en Dereito.
Cúmprase.
R. 2248
43 Núm. 129 – Sábado, 7 de Junio de 2014 B.O.P de Lugo
Anuncio
DECRETO NÚMERO 14005294 DO 02/06/2014
Excmo. Sr. DON JOSE CLEMENTE LOPEZ OROZCO.- Alcalde Presidente do Excmo. Concello de Lugo.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día vinte e un de dous mil
catorce, adoptou, entre outros, o acordo número 14/354, de APROBACIÓN DAS BASES QUE REXERÁN O
CONCURSO PARA A PROVISIÓN DE VARIOS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE LUGO.
Ó obxecto deste concurso será a provisión, entre empregados/as do Concello de Lugo, con praza en
propiedade, dos seguintes postos de traballo:
3 postos de Técnico/a en Xardín de Infancia na Escola Infantil Municipal “Serra de Outes”
4 postos de Técnico/a en Xardín de Infancia Escola Infantil Municipal “Gregorio Sanz”
Esta Alcaldía, en uso das atribucións conferidas polos artigos 124 e 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril,
reguladora das bases do réxime local, así como en virtude do acordo nº 16/388 da Xunta de Goberno Local, do
29 de maio de 2013, e do decreto número 13008312, do 30 de agosto de 2013, modificado polos decretos
números 14003100 e 14004468, de datas do 31 de marzo e do 12 de maio de 2014, respectivamente,
RESOLVE:
PRIMEIRO.- Convoca-lo concurso para a provisión de varios postos de traballo no Concello de Lugo, de
acordo coas seguintes bases:
1.- OBXECTO DO PRESENTE CONCURSO
É obxecto deste concurso a provisión dos postos de traballo, mencionados no anexo destas bases, entre
empregados/as do Concello de Lugo coa categoría de Técnico/a en Xardín de Infancia, con praza en propiedade.
2.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Excmo. Sr. Alcalde Presidente do
Excmo. Concello de Lugo, acompañadas da acreditación documental dos méritos para xuntar e presentaranse no
Rexistro Xeral de Entrada deste, ou na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/92, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, durante un prazo de 20 días naturais,
contados a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Cada un/ha dos/as empregados/as participantes poderá solicitar todos os postos convocados para os que
reúna as condicións e requisitos sinalados, expresando a orde de preferencia de cada posto de traballo e
indicando a tal fin a denominación co que figuren estes.
Os requisitos determinados na convocatoria deberán reunirse na data que termine o prazo de presentación
de solicitudes de participación.
Só se poderá desistir da petición de tomar parte no concurso antes de que finalice o prazo de presentación
de solicitudes.
3.- REQUISITOS PARA PARTICIPAR NA CONVOCATORIA DE CONCURSO
A) Ser empregado/a do Excmo. Concello de Lugo, con praza en propiedade, e categoría de Técnico/a en
Xardín de Infancia, grupo C (subgrupo C1).
B) Atoparse en calquera situación administrativa, excepto en situación de suspensión firme ou de excedencia
voluntaria por interese particular, sen ter transcorrido o prazo legal obrigatorio de permanencia de dous anos.
4.- BAREMO DE MÉRITOS
Soamente procederá a valoración dos méritos alegados polas persoas participantes cando estas reúnan os
requisitos esixidos nestas bases.
Valoraranse os méritos obtidos ou en condición de obterse na data na que finalice o prazo de presentación
de instancias para participar no correspondente concurso.
A xustificación dos méritos deberá realizarse mediante certificación oficial expedida para o efecto.
Para fixar a orde de preferencia na adxudicación do posto no concurso, valoraranse os seguintes méritos:
1.- Antigüidade: 0,05 puntos por cada mes completo de servizos en activo nas distintas administracións
públicas. Para estes efectos tamén se computarán os servizos recoñecidos ó amparo do disposto na Lei
70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento dos servizos previos na administración pública.
2.- Formación:
a) Titulación académica: calquera titulación académica oficial de igual ou superior nivel ó esixido para o
desempeño do posto de traballo para prover, con exclusión da que sexa necesaria para o acceso ó posto: 1,5
puntos por título, cun máximo de 3 puntos.
44 Núm. 129 – Sábado, 7 de Junio de 2014 B.O.P de Lugo
b) Cursos de formación e perfeccionamento: valoraranse os cursos de formación e perfeccionamento de
duración igual ou superior a 15 horas que foran cursados ou impartidos polo interesado/a en centros ou
organismos oficiais de formación de empregados públicos, ata un máximo de 3 puntos, e segundo a seguinte
escala:
- De 100 ou máis horas: 2,00 puntos
- De 75 ou máis horas: 1,50 puntos
- De 50 ou máis horas: 1,00 puntos
- De 25 ou máis horas: 0,50 puntos
- De 15 ou máis horas: 0,20 puntos
En ningún caso se puntuarán neste subapartado os cursos pertencentes a unha carreira universitaria, cursos
de doutorado e dos diferentes Institutos das Universidades cando formen parte do plan de estudos do centro.
En caso de cursos impartidos, estes valoraranse por unha soa vez, non sendo susceptibles de ser valoradas
sucesivas edicións dun mesmo curso.
5.- COMISIÓN DE VALORACIÓN
Cualificarán os méritos dos concursantes, con referencia á data de peche do prazo de presentación de
instancias, unha Comisión de Valoración composta por:
Presidenta:
- D.ª Matilde García Losada, Técnica Media de Administración Especial (Corpo de Xestión), Xefa da Sección
de Cultura do Concello de Lugo.
Suplente: D.ª María del Carmen Neira Vieito, Técnica Media de Xestión do Concello de Lugo.
Vogais:
- D.ª María Eugenia Fernández Touzón, Técnico en Xardín de Infancia (Directora da Escola Infantil Serra de
Outes) do Concello de Lugo.
Suplente: D.ª Eva María Seoane Cazón, Administrativa do Concello de Lugo.
- D.ª Marta Jesús Otero López, Técnica en Xardín de Infancia (Directora da Escola Infantil Gregorio Sanz)
do Concello de Lugo.
Suplente: D.ª Consuelo Rodríguez Bao, Animadora Sociocultural do Concello de Lugo.
- D.ª María José Pena Lage, Orientadora Laboral do Concello de Lugo.
Suplente: D. Valentín López Aira, Psicólogo do Concello de Lugo.
Secretario:
- D. José Antonio Carro Asorey, Secretario Xeral do Pleno do Concello de Lugo.
Suplente: D.ª María García Ferro, Vicesecretaria do Concello de Lugo.
6.- PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN
O resultado da avaliación dos méritos e a adxudicación provisional exporase ó público no taboleiro de
anuncios do edificio do Centro de Servizos Municipais, sito na ronda da Muralla, 197, nunha relación que conterá
a totalidade do persoal concursante, ordenada de maior a menor puntuación total, con expresión do posto de
traballo adxudicado, se é o caso. Concederase un prazo de dez días hábiles para que formulen as reclamacións
que estimen pertinentes en relación coa baremación.
7.- TOMA DE POSESIÓN
Transcorrido o prazo sinalado anteriormente, a Comisión resolverá as reclamacións que se presentasen e
formulará a proposta de adxudicación dos postos convocados, remitíndoa á autoridade convocante para a súa
publicación no Taboleiro de Anuncios do Edificio Administrativo do Seminario, mediante resolución motivada.
Na resolución de adxudicación do concurso indicarase a data na que deberá efectuarse o cesamento no
actual posto de traballo e a toma de posesión do destino adxudicado, salvo nos casos de forza maior
debidamente xustificados.
8.- RECURSOS
Estas bases son definitivas en vía administrativa e contra estas pode interpoñerse, de conformidade co
establecido na Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e
na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativo, un dos seguintes recursos.
a) Con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto recorrido, no prazo
dun mes contado dende o día seguinte á súa publicación. Transcorrido un mes dende o día seguinte ó da
45 Núm. 129 – Sábado, 7 de Junio de 2014 B.O.P de Lugo
interposición do recurso de reposición sen que se teña resolto, poderá entenderse desestimado, e poderá
interpoñerse recurso contencioso-administrativo.
b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso administrativo dentro do prazo de
dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación.
Todo isto sen prexuízo de que poda exercitarse calquera outro recurso ou acción que se estime procedente.
9.- PUBLICACIÓN
Estas bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Taboleiro de Anuncios do Concello.
ANEXO
Postos para convocar:
* Técnico/a en Xardín de Infancia para a Escola Infantil Municipal “Serra de Outes”.
Vacantes: 3
Requisitos: ser Técnico/a en Xardín de Infancia do Concello de Lugo.
Grupo C (subgrupo C1)
* Técnico/a en Xardín de Infancia para a Escola Infantil Municipal “Gregorio Sanz”.
Vacantes: 4
Requisitos: ser Técnico/a en Xardín de Infancia do Concello de Lugo.
Grupo C (subgrupo C1)”
SEGUNDO.- Procédase a súa publicación na forma legalmente establecida.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela caberá interpoñer recurso contencioso-administrativo,
no prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante o Xulgado do
Contencioso Administrativo de Lugo ou, á elección do interesado, ante o da circunscrición onde teña o seu
domicilio. Malia o anterior, e con carácter previo e potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no
prazo de UN MES, contado dende o seguinte á notificación da presente resolución, sen prexuízo de que vostede
interpoña calquer outro recurso que estime procedente en Dereito.
Cúmprase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario