martes, 24 de junio de 2014

Boletín de Noticias IGAPE Nova. JUNIO 2014

   
 

1 - AXENDA.-II Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco
A Cidade da Cultura de Galicia convoca a segunda edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.
2 - AXENDA.- Inscríbe a túa idea empresarial en vía Vigo (prazo ata o 10 de xullo)
En ViaVigo, a través dun programa de aceleración para o desenvolvemento, damos soporte e asistencia na súa fase inicial a emprendedores e empresas. Proporcionamos capital semente, formación a través dunha rede de mentoring, infraestruturas e asesoramento intensivo.
3 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- préstamos Jeremie-IGAPE
RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2014 pola que se dá publicidade do acordo, do Consello de Dirección, que aproba as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
4 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)
ORDE do 9 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
5 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo
ORDE do 2 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
6 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria
ORDE do 2 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
7 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida
ORDE do 30 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
8 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)
ORDE do 30 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario