viernes, 27 de junio de 2014

Boletín de Noticias IGAPE Nova . 27 de Xuño de 2014

   
 











1 - Reforma fiscal 2014: Principais novidades para autónomos e empresas
Xa se coñecen máis detalles sobre a reforma fiscal do Goberno da que falabamos en emprendemanía, hoxe ímonos fixar naquelas que afectan a autónomos e empresas, destacando o micromecenado, a baixada de retencións aos autónomos, o 'toque' ao sistema de módulos e a nova tributación dos despedimentos.
2 - Factores a ter en conta para fixar os nosos prezos
Fixar os prezos dos nosos produtos ou servizos pode ser unha auténtica dor de cabeza. Podemos optar pola estratexia de ver o que cobra a competencia e rebaixar un pouquiño, crendo que así os clientes aceptarán a nosa oferta.
3 - Axenda.- Inscríbe a túa idea empresarial en Vía Vigo (prazo ata o 10 de xullo)
En ViaVigo, a través dun programa de aceleración para o desenvolvemento, damos soporte e asistencia na súa fase inicial a emprendedores e empresas. Proporcionamos capital semente, formación a través dunha rede de mentoring, infraestruturas e asesoramento intensivo.
4 - Como se xestiona a baixa dun socio dunha comunidade de bens e os seus efectos fiscais
Os estatutos da comunidade de bens son os que deben establecer o procedemento a seguir no caso de que un socio decida abandonar a comunidade de bens.
5 - Microsoft presenta ' Imos! A Guía do Novo Emprendedor'
Microsoft anima o emprendimiento cunha guía colaboradora gratuíta, creada a través de Office 365, na que participaron máis de 100 emprendedores cos seus consellos e experiencias e cuxo obxectivo é inspirar novos empresarios.
6 - AXUDAS E SUBVENCIONES.- Programa de incentivos á formación e contratación -Programa Forcon
ORDE do 13 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación e contratación -Programa Forcon-cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
7 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- Axencia Galega das Industrias culturais
Bases reguladoras e convocatoria 2014 das subvencións á distribución para as industrias culturais, asociacionismo profesional e salas de arte escénica.
8 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- implantación de RSE e a igualdade nas pemes
ORDE do 12 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e a igualdade nas pequenas e medianas empresas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se convocan para o exercicio 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario