miércoles, 17 de septiembre de 2014

Concello de Burela, a través da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade: 21 de setembro do Día Mundial do Alzheimer





Con motivo da conmemoración o día 21 de setembro do Día Mundial do Alzheimer, declarado pola Organización Mundial da Saúde, (que é o día máis representativo do ano para todas as persoas enfermas de alzheimer e outras demencias, así como para as súas persoas coidadoras), dende o Concello de Burela, a través da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, queremos dar a coñecer esta enfermidade e difundir información, solicitar apoio e a solidariedade da poboación en xeral así como convidalo/a a participar nos actos que o luns 22 de setembro ás 11:30 da mañá terán lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Esta celebración constará de dúas partes: 
-          Na primeira parte participará a ponente Mª Reyes Quelle Fra, que se centrará nas características da enfermidade do alzheimer e no perfil das persoas coidadoras. 
-          Na segunda parte farase a presentación da Asociación AFAN (Asociación de Familiares de Persoas Enfermas de Alzheimer e Outras Enfermidades Neurodexenerativas de Burela). Así mesmo, durante toda a mañá AFAN contará cunha mesa informativa na Praza do Concello.
Sen máis, esperando contar coa súa presencia nesta conmemoración, despídese de Vd.
Atentamente



Diana Durán García
Concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario