martes, 30 de septiembre de 2014

NOVAS BOLETIN IGAPE NOVA. 30 SETEMBRO 2014

Boletín de Noticias IGAPE Nova





1 - FORMACIÓN.- Seminarios Xoven Empresario Emprende (outubro)
O Igape en colaboración coa FEGAXE, organiza 5 seminarios para emprendedores e empresarios que terán lugar nas localidades de Ourense, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Lugo, co obxectivo de proporcionar os coñecementos esenciais para desenvolver con éxito os seus proxectos.
2 - As pemes recuperan o pulso
As vías de financiamento para pequenas e medianas empresas a través de Internet, de fondos ou de clubs de investimento consolídanse como alternativa aos créditos bancarios.
3 - CONVOCATORIA - Emprendimiento femenino
Convocatoria para la participación en el proyecto Fomento del Emprendimiento Femenino, la Innovación de las PEMEs y Emprendedoras Gallegas y la Plataforma de Emprendimiento Femenino.
4 - 40 cousas que din que estás condeado a ser emprendedor
Seguro que xa sabes que tes algo dentro ou que mesmo xa es emprendedor, pero por se acaso dámosche un listado de 50 pistas, con que reunas unhas poucas basta, polas que podes intuír ou descubrir que non estás enfermo,sino que es emprendedor.
5 - Competitividade empresarial, ese concepto económico que aparece coas crises
Coas crises, son moitos os conceptos que escoitamos ou lemos nos principais medios de comunicación de forma diaria; algúns deles son relacionados coas súas causas, outros como indicadores da saúde económica dun país e outros os relacionados coas posibles solucións.
6 - Correos lanzan unha plataforma que permite crear tendas online en 5 minutos
Correos lanzou Comandia, unha plataforma que permite a pemes, autónomos e emprendedores crear unha tenda online en cinco minutos, sen necesidade de ter coñecementos de programación.
7 - Coidado emprendedor!, en España tárdase 80 días en pagar
Cando un emprendedor vai crear a súa empresa preocúpase de moitas cousas, que se segmentar os clientes, que se o plan de negocio, os fluxos de tesouraría, que se a quen lle vou comprar, pero moitas veces se esquece o fundamental: canto tempo vou tardar en cobrar.
8 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- promoción, comercialización e exhibición do produto audiovisual galego
RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para a promoción, comercialización e exhibición do produto audiovisual galego e se convocan para o ano 2014.





---------------------------------------------------------------------------------------------------
Para acceder a tódalas novas publicadas en datas anteriores pulse aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario