jueves, 11 de diciembre de 2014

AXUDAS PARA ALUGAR VIVENDA HABITUAL. GALICIA 2014


Poderá chegar ao 40 % da renda anual que se deba satisfacer polo alugamento (alquiler) da vivenda habitual e permanente, cun límite máximo de 2.400 euros anuais por vivenda.
Entre outros requisitos pídese:
- Que a renda do contrato de arrendamento non supere a cantidade prevista nas correspondentes convocatorias de axudas, que en ningún caso poderá superar os 600 euros mensuais.
- Que a vivenda arrendada ou que se vai arrendar constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.
Requisitos que deberán cumprir as persoas beneficiarias: 

1. Poderán solicitar as subvencións aquí reguladas as persoas físicas, maiores de idade
que posúan a nacionalidade española, ou a dalgún dos Estados membros da Unión
Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola
normativa que sexa de aplicación
2. Así mesmo, deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda,
con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado, en calidade de persoa
arrendataria, nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
b) Que a vivenda arrendada ou que se vai arrendar constitúa ou vaia constituír a residencia
habitual e permanente da persoa arrendataria.
c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia que teñan,
ou vaian ter, o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, consten ou non
como titulares do contrato de arrendamento, sexan en conxunto inferiores ao límite de
ingresos establecido nas correspondentes convocatorias de axudas e nestas bases reguladoras.
d) Que a renda do contrato de arrendamento non supere a cantidade prevista nas correspondentes
convocatorias de axudas, que en ningún caso poderá superar os 600 euros
mensuais.
e) As persoas membros da unidade de convivencia deberán acreditar que se atopan ao
día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non
teñen pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública
da Comunidade Autónoma, do Estado e da Seguridade Social.
3. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante o algunha das que teña
a súa residencia habitual e permanente na vivenda obxecto do contrato de arrendamento
se atopen nalgunha das situacións indicadas no artigo 11.2 do Plan estatal 2013-2016.
O cumprimento das citadas condicións acreditarase mediante a achega da documentación
que, para tales efectos, se determine na resolución da convocatoria.
4. Non poderá obter a condición de persoa beneficiaria quen incorra nalgunha das circunstancias
previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións,
no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, nin a quen se lle revogase algunha axuda
deste ou dos anteriores plans de vivenda por causa imputable á persoa solicitante
AXUDAS PARA ALUGAR VIVENDA HABITUAL

Poderá chegar ao 40 % da renda anual que se deba satisfacer polo alugamento (alquiler) da vivenda habitual e permanente, cun límite máximo de 2.400 euros anuais por vivenda.

Entre outros requisitos pídese:

- Que a renda do contrato de arrendamento non supere a cantidade prevista nas correspondentes convocatorias de axudas, que en ningún caso poderá superar os 600 euros mensuais.

- Que a vivenda arrendada ou que se vai arrendar constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.

Convocatoria:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141210/AnuncioCA02-031214-0004_gl.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario