miércoles, 3 de diciembre de 2014

Boletín de Noticias IGAPE Nova. 03-12-2014

   
 










1 - IGAPE.Guías de Actividade Empresarial: Herbolario
O Igape revisou e actualizou os contidos desta guía, permitindo que emprendedores, empresarios e técnicos de apoio á creación de empresas poidan empregala na elaboración do seu modelo de negocio.
2 - A factura electrónica será obrigatoria o 15 de xaneiro de 2015
O Congreso de Factura Electrónica de Ametic, que se celebra o 25 de novembro, analizará o estado actual da eFactura, dada a proximidade da data que obriga a facturar electronicamente coa AAPP.
3 - O teu produto é bo, e a túa estratexia?
Tal e como sabemos, as redes sociais teñen a súa propia cultura. Coñecer a linguaxe única de cada unha delas, as normas non escritas, as expectativas que se xeran é imprescindible.
4 - AXENDA. - Getting Contacts! TIC Santiago (Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014)
As xornadas Getting Contacts! formúlanse co obxecto de fortalecer as redes de contactos das empresas facilitando o networking, xerar novas oportunidades de negocio a partir de entrevistas por intereses, e atraer empresarios doutras zonas e abrir as portas a novos investimentos.
5 - As pemes españolas ven na nube, a mobilidade e as redes sociais o futuro do seu negocio
Así o indica un estudo de Ipsos Mori, aínda que só un 27% de emprendedores pretende investir en cloud a curto prazo.
6 - Como lanzar unha cadea de franquías con éxito
Cando unha peme quere crecer, o sistema de franquías é unha boa fórmula, pero hai que estudar ben a estratexia, xa que se vai delegar certo control a un terceiro.
7 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS. - EMPRENDETUR I+D+i
Resolución do 24 de novembro de 2014, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se convocan axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur I+D+i no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo, correspondente ao exercicio 2015.
8 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS. - Emprendetur Mozos Emprendedores
Resolución do 24 de novembro de 2014, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se convocan axudas para proxectos e actuacións dentro do programa Emprendetur Mozos Emprendedores no marco do Plan Nacional e Integral do Turismo, correspondente ao exercicio 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario