jueves, 4 de diciembre de 2014

NOVAS SELECCIONADAS DO BOP DE LUGO DO DÍA 4 DE DECEMBRO DO 14


O VALADOURO

 O VALADOURO
Anuncio
EXTRACTO DA CONVOCATORIA E DAS BASES PARA A SELECCIÓN DE DOUS EMPREGOS DE “OFICIAL DE PRIMEIRA-CONDUTOR” AO OBXECTO DE PARTICIPAR NO “PROGRAMA DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE INFRAESTRUTURAS DESTINADAS A USO XERAL 2014-2015 DO CONCELLO DE O VALADOURO.
Por Resolución da Alcaldía de data 2 de decembro de 2014 apróbase a convocatoria e as bases que rexerán o proceso para a selección de dous empregos de “Oficial de Primeira-Condutor” ao obxecto de participar no programa de conservación e mantemento de infraestruturas destinadas a uso xeral 2014-2015 do Concello de O Valadouro e que se publicarán íntegramente no Taboeiro de anuncios do Concello e na páxina web (www.valadouro.org).
SOLICITUDES.- Estarán a disposición dos aspirantes no Concello e na páxina web (Anexo I das Bases).
PRAZO DE PRESENTACIÓN: 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no
Boletín Oficial da Provincia.
LUGAR DE PRESENTACIÓN: Rexistro Xeral do Concello do Valadouro e nos lugares que establece a Lei 30/1992, de 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común, en cuxo caso deberá enviarse un fax ao Concello (982-57-43-03).
DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ PRESENTARSE COA SOLICITUDE:
a) Fotocopia compulsada dos documentos que acrediten a posesión dos méritos
presentados polo aspirante para a súa valoración na fase de concurso (Ver base 8.2. Fase Concurso).
b) Fotocopia do permiso conducir clase C.
c) Fotocopia auténtica do título de estudios establecido na Base 6.b) letra a).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria e a data de celebración das probas faranse públicos no
Taboeiro de anuncios do Concello e na páxina web.
O Valadouro a 2 de decembro de 2014.- O Alcalde-Presidente, Edmundo Maseda Maseda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario