martes, 25 de marzo de 2014

CONVOCATORIA DE CURSOS PREPARATORIOS ÁS PROBOS CELGA

CONVOCATORIA DE CURSOS PREPARATORIOS ÁS PROBAS CELGA

Práceme comunicarlle que xa está á súa disposición, no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística  (www.xunta.es/linguagalega)  a listaxe de cursos que se impartirán na provincia de Lugo a partir do próximo día 1 de abril.

Na Comarca da Mariña de Lugo estes cursos terán lugar en Viveiro, Foz e Mondoñedo.

Aínda que, desde os nosos gabinetes provinciais, difundiremos esta información entre as persoas interesadas, solicítolle que lle dea a máxima difusión á dita listaxe para que todos aqueles que o desexen formalicen a súa matrícula no curso da súa preferencia ata o 30 de marzo de 2014 inclusive. Os interesados poden facelo dirixíndose ao Gabinete Provincial de Normalización Lingüística por correo electrónico: sxpl.lugo@xunta.es  Información : teléfono 982 29 41 62.

Deberán indicar:

-         Nome e apelidos
-         NIF
-         Enderezo electrónico e teléfono de contacto
-         Curso ao que desexa asistir (nivel, centro e localidade)


Por outra parte, infórmase que na páxina www.xunta.es/linguagalega aparecen os lugares e datas dos diferentes cursos e tamén unha nota informativa sobre a referida inscrición nos cursos preparatorios das probas Celga.
Aconséllase que vos poñades en contacto vía telefónica coas persoas solicitantes para informarlles do período e forma de inscrición.

 Recordade que o prazo de inscrición vai dende o 24 ao 31 de marzo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario