jueves, 20 de marzo de 2014

NOVAS DO I.G.A.P.E.




1 - Premio emprendedor XXI para novas empresas. Edición Galicia
O Igape, La Caixa e Enisa, convocan a VIII edición do Premio Emprendedor XXI. Na súa categoría Emprendes está destinada a empresas de menos de dous anos; o gañador recibirá 5.000 euros e formación na Universidade de Cambridge. O prazo finaliza o 10 de abril. Anímate a presentar o teu proxecto!
2 - XIV Concurso Proxectos Empresariais Innovadores da USC
O obxecto do concurso, é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados e licenciadas ou investigadores e investigadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego. O prazo de presentación comeza o 14 de marzo e remata o 30 de abril de 2014.
3 - Os fillos de autónomos poden acollerse á tarifa plana de 100 euros
Os fillos de traballadores autónomos, menores de 30 anos ou maiores da devandita idade cando teñan especiais dificultades para a súa inserción laboral, poderán acollerse á tarifa plana de 100 euros en contratos indefinidos, segundo publica o Boletín Oficial do Estado (BOE). 

8 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- proxectos dinamizadores das áreas rurais
RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2014 pola que se convocan para o ano 2014 as subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario