martes, 20 de mayo de 2014

Axudas para prácticas de empresas dos estudantes de ciclos formativos:


Axudas económicas para a formación práctica en empresas PDF Imprimir
Luns, 19 Maio 2014 08:37
practicasA Consellería de Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), en réxime de concorrencia non competitiva, nas seguintes modalidades:
1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.
2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.
Requisitos:1. Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao medio e superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial.
2. O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2014.
Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. Primeiro prazo: 19 de xuño para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2013-marzo 2014, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2014. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2014. Tamén se acollerá a este prazo o alumnado matriculado no primeiro curso do réxime ordinario ou no segundo curso do réxime integrado dun programa de cualificación profesional inicial no curso 2013/14.
2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2014, para o alumnado de ciclos formativos a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2014 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2014.
Máis información no DOG do 19 de maio de 2014 e en www.edu.xunta.es/fp



http://xuventude.xunta.es/2014051913317/axudas-economicas-para-a-formacion-practica-en-empresas.htmlhttp://xuventude.xunta.es/2014051913317/axudas-economicas-para-a-formacion-practica-en-empresas.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario