jueves, 22 de mayo de 2014

BOLETIN NOVEDADES DO I.G.A.P.E. PARA EMPRENDEDORES E EMPRESAS

   
 
Boletín de Noticias IGAPE Nova
1 - Xornada Spain startup competition en Santiago (23 de maio)
Spain Startup organiza unha das conferencias líderes sobre startups do Sur de Europa, onde o mellor talento de Mediterráneo e Latinoamérica se encontran cos investidores líderes e as corporacións máis innovadoras do mundo.
2 - Dez pasos para converterse en emprendedor online
Buscar un nicho de mercado, escoller un dominio con "gancho", realizar un bo deseño web ou elixir un bo socio loxístico son consellos para os novos empresarios que inician a súa actividade económica na Rede.
3 - Dez xeitos de superar os medos empresariais
A actitude mental positiva para afrontar estes medos é clave se o que queremos é superalos e utilizalos como unha arma que xogue ao noso favor, unha actitude que nos permita traballar de forma eficaz a cantidade de horas que necesitamos para sacar adiante todo o traballo que implica ter a nosa propia empresa.
4 - Unha empresa española inventa un airbag para evitar o afundimento de barcos
O sistema é semellante aos airbag dos coches e desprégase en caso de inundación ou xiro, mantendo o barco a flote. A firma KAFLOAT é a responsable deste novo salvavidas.
5 - A retención do IRPF ao 9% para novos profesionais autónomos
A crise está a cambiar as relacións laborais e cada vez son máis os profesionais que en lugar de ser contratados directamente polas empresas lles facturan a estas. Na web da Axencia Tributaria podemos encontrar unha relación das rendas sometidas a retención pero imos centrarnos nos novos profesionais que empezan a súa actividade.
6 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- préstamos para a Modernización do Comercio Interior
Resolución de 28 de abril de 2014, de la Secretaría de Estado de Comercio, por la que se publica el Acuerdo de la Conferencia Sectorial de Comercio Interior de 11 de marzo de 2014, por la que se efectúa la convocatoria para 2014 y se establece el procedimiento para la concesión de préstamos con cargo al Fondo Financiero del Estado para la Modernización del Comercio Interior.
7 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- financiamento operativo (activo corrente) Re-solve 2014 - IGAPE
RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2014), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
8 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS. - Convenio ICO para a produción cinematográfica
Resolución do 8 de maio de 2014, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se publica o Convenio para o ano 2014 co Instituto de Crédito Oficial, para o establecemento dunha liña de financiamento para a produción cinematográfica e convócanse as axudas para a minoración de intereses dos préstamos concedidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario