martes, 27 de mayo de 2014

Programa para a promoción do emprego autónomo de xoves menores de 30 anos. 2014

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
ORDE do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo de xoves menores de 30 anos, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
 Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do programa de promoción do emprego autónomo de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos e proceder á súa convocatoria para o ano 2014.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas xoves desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:
Ter menos de 30 anos de idade na data da presentación da solicitude.
Darse de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014, ambos os dous inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
– Non ter percibido subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
– Non ter desenvolvido como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin ter estado de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia no nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará á persoa traballadora autónoma colaboradora.
TIPOS DE AXUDA
LINEA 1: Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil (SIN INVERSIÓN)
1. Co obxecto de facilitar ingresos durante o inicio da actividade á persoa xove desempregada que emprenda unha iniciativa empresarial ou profesional por conta propia, poderá concedérselle unha subvención a fondo perdido a calquera persoa xove menor de 30 anos que solicite a alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade profesional, desde a data da publicación desta orde ata o 30 de setembro de 2014.
2. A contía desta subvención será de 1.200 euros.
3. A contía da axuda incrementarase nun 10 % cando a persoa física, comunidade de bens ou sociedade civil, segundo os datos consignados no documento de alta no IAE ou no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (modelo 036), teña o seu centro de traballo nun concello das provincias de Lugo ou Ourense. Se a persoa solicitante no momento da presentación da solicitude non estivese de alta no IAE ou no censo de obrigados tributarios, terase en conta para estes efectos o concello que declare a persoa solicitante na memoria do proxecto (anexo II) e na solicitude.
4. É requisito para optar a esta axuda ter solicitado a alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
LINEA 2. Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia
1. Poderáselle conceder á persoa desempregada, para a posta en marcha do seu proxecto empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia,
  • Acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido.
  • No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención, terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.


2. Contías desta subvención serán as seguintes:
A. 5.000 euros mozo.
B. 6.000 euros moza.
C. 6.500 euros persoa xove emigrante retornada, persoa xove traballadora procedente de empresa en crise, persoa xove desempregada de longa duración e persoa xove desempregada que esgotase a prestación por desemprego.
D. 8.000 euros mozo desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
E. 10.000 euros moza desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
LINEA 3:  Subvención financeira
  • Este investimento deberase realizar no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, con data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2014. 
  • En todo caso, a persoa beneficiaria debe acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. 

2.  Contías seguintes:
A. 5.000 euros mozo.
B. 6.000 euros moza.
C. 6.500 euros persoa xove emigrante retornada, persoa xove traballadora procedente de empresa en crise, persoa xove desempregada de longa duración e persoa xove desempregada que esgotou a prestación por desemprego.
D. 8.000 euros mozo desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
E. 10.000 euros moza desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario