martes, 27 de mayo de 2014

subvencións para iniciativas de autoemprego xuvenil 2014

O Consello da Xunta aprobou a orde de subvencións para iniciativas de autoemprego xuvenil que se publicará a finais de mes no DOG.
A Orde contará con diferentes Subvencións da Xunta de Galicia para iniciativas de autoemprego xuvenil:
  1. Iniciativas de autoemprego xuvenil

Subvencionaranse as altas como autónomos que se formalizaran entre o 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014 a través de tres tipos de axudas que oscilan entre os 1.200 e 12.600 euros.

  1. Establecemento como autónomos

Subvencións para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros, debendo acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade. As contías a financiar oscilarán entre os 5.000 e os 10.000 euros por mozo desempregado e variarán en función das circunstancias do beneficiario; ademais poderán verse incrementadas entre 1.000 e 2.600 euros se o investimento acreditado supera os 5.000 euros.

  1. Subvención financeira


Axudas financeiras para a redución de xuros de préstamos de ata catro puntos, que oscilarán entre os 5.000 e os 10.000 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario