martes, 27 de mayo de 2014

XA SE PODEN SOLICITAR AS AXUDAS DE EMPREGO AUTONOMO. 2014

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
ORDE do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.LIÑA 1. Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia
1. Poderáselle conceder á persoa desempregada, co obxecto de facilitarlle ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, 
REQUISITOS:
  • acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación
  • se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2014. 
  • No caso da persoa física que estea incluída no réxime especial de recarga de equivalencia, regulado nos artigos 148 e seguintes da Lei do IVE (Lei 37/1992, do 28 de decembro), o IVE non é susceptible de recuperación polo que se deberá ter en conta para o cumprimento do requisito de investimento mínimo.
  • No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

 As contías desta subvención serán as seguintes:
A. 5.000 euros desempregado en xeral.
B. 6.000 euros muller desempregada.
C. 6.500 euros persoa emigrante retornada, persoa traballadora procedente de empresa en crise, persoa desempregada de longa duración e persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego.
D. 8.000 euros desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
E. 10.000 euros muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

LIÑA 2. Subvención financeira
1. A subvención financeira ten por finalidade facilitar a creación do seu propio posto de traballo mediante a redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, tendo en conta que, como mínimo, o 75 % do préstamo se deberá destinar a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible e segundo o disposto na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, durante o período de programación de 2007-2013, modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo e pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo (Boletín Oficial del Estado núm. 167, do 13 de xullo).
REQUISITOS: 
  • Este investimento deberase realizar no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, con data límite en todo caso do 20 de decembro de 2014. 
  • acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido 
  • Non se admitirá, para os efectos da súa xustificación, a adquisición de bens usados con cargo ao préstamo obxecto da axuda, agás no suposto de traspaso de negocios. 
  • Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar, e deberán formalizarse entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e o 30 de setembro de 2014, ou, de ser o caso, no prazo específico establecido na resolución de concesión.
  • No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será equivalente á redución de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia destes. A contía calcularase como se a subvención se xerase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia. O tipo de xuro poderá ser fixo ou variable e tomarase como referencia para o cálculo da subvención o tipo de xuro vixente na data da resolución da subvención, ou o vixente na data da sinatura do contrato do préstamo, se esta é anterior.
 CUANTIA:
A. 5.000 euros, desempregado en xeral.
B. 6.000 euros, muller desempregada.
C. 6.500 euros, persoa emigrante retornada, persoa traballadora procedente de empresa en crise, persoa desempregada de longa duración e persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego.
D. 8.000 euros, desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
E. 10.000 euros, muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

PLAZO:
O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo comezará o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario