viernes, 9 de mayo de 2014

Boletín de Noticias IGAPE Nova

   
 

1 - IGAPE.- Presentación do programa C-Teams (13 de maio en Santiago)
C-TEAMS é un Programa do Igape pensado para axudar ás novas empresas de base tecnolóxica a prosperar e ser máis competitivas. Adáptase a novas empresas onde os recursos materiais, humanos e temporais escasean. Con C-TEAMS en tres meses poderás redefinir ou deseñar unha nova carteira de productos ou servizos adaptados ás demandas reais do mercado.
2 - RECURSOS IGAPE. Guía de actividade empresarial: Pequena empresa construtora
Publicouse a actualización desta guía con novos datos cuantitativos e cualitativos sobre o sector. A guía pode ser consultada por emprendedores, empresarios e axentes de promoción económica na Web del Igape.
3 - Pode cotizar un autónomo á Seguridade Social se non ten actividade?
Ante os datos da última EPA e en relación a que moitos autónomos sen actividade continuada seguían cotizando á Seguridade para non perder dereitos, hai que comentar que legalmente unha persoa non pode cotizar en autónomos se non realiza unha actividade por conta propia, ou está nunha situación que o obrigue a iso (administradores, familiares colaboradores, etc.)
4 - Negocios de moitos ingresos pequenos ou de poucos pero grandes?
Unha das tarefas que debemos realizar ao definir o noso modelo de negocio é establecer cal vai ser o sistema de ingresos e se imos optar por moitos ingresos pequenos ou por poucos e grandes. Esta definición pode derivar do tipo de cliente obxectivo ao que nos imos dirixir, da nosa gama de produtos (calidade ou prezo), etc.
5 - Arrinca Santiago (Maio 2014)
Arrinca é un proxecto colaborativo, de ámbito galego, que nace para axudar a xente cunha idea de negocio para que poida desenvolvela e facela realidade. É dicir, que se tes unha idea e queres asesorarte, contrastala e buscar outras persoas, Arrinca pode ser de interese para ti.
6 - A renumeración do administrador ¿é deducible ou non?
Para que o salario do administrador dun S.L. sexa deducible no Imposto de Sociedades é necesario que o cargo sexa retribuído segundo os Estatutos da sociedade. Nestes casos o administrador cobrará a cantidade establecida nestes e a retención a aplicar na nómina a conta do IRPF será do 42%.
7 - O Goberno aproba o Plan Integral de Apoio ao Comercio Minorista para 2014
O comercio minorista supón o 5,3% do PIB total español e hai 1.828.694 persoas traballando no sector do comercio minorista, o que supón o 10,9% do total de ocupados da economía española.
8 - AXUDAS E SUBVENCIÓNS. - contidos dixitais culturais en Internet e modernización e innovación das industrias culturais e creativas
Resolución do 3 de abril de 2014, da Secretaría de Estado de Cultura, pola que se convocan as axudas ao investimento en capital para incrementar a oferta legal de contidos dixitais culturais en Internet e para promover a modernización e innovación das industrias culturais e creativas, correspondentes ao ano 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario