jueves, 16 de octubre de 2014

Boletín de Noticias IGAPE Nova. 16/10/14

    
 
Boletín de Noticias IGAPE Nova
1 - Uniemprende, convoca o “Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC”
Este concurso, dirixido á comunidade universitaria, ten por obxecto premiar a aquelas persoas emprendedoras que presenten ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais. O prazo para presentarse a esta XIV edición na que se outorgarán 5 premios de 600 € cada un, finaliza o 14 de novembro.
2 - Cinco formas de perder un cliente
Hai moitas formas de perder clientes, ademais, normalmente tan difícil é gañalos, como doado perdelos. Un que se vai, ademais, probablemente non volva xamais e cónte a súa mala experiencia ao seu ámbito, polo tanto, o problema é aínda maior.
3 - Plan de Apoio ao Sector Comercial Galego
O Plan de Apoio ao Sector Comercial Galego 2014 é unha iniciativa financiada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e desenvolvida polas Cámaras de Comercio galegas.
4 - CONVOCATORIA.- Inxección de 80 millóns de Europa para Startups
A Comisión Europea lanzou un fondo de 80 millóns de euros para pequenas e medianas empresas (pemes), startups e emprendedores web europeos que utilicen a tecnoloxía Fiware para os seus proxectos, APIs abertas para o Internet do futuro.
5 - A Lei Concursal modifícase de novo para favorecer a continuidade das empresas
O pasado 5 de setembro publicouse o Real Decreto-lei 11/2014, do 5 de setembro, que introduce modificacións na Lei Concursal. O decreto pretende flexibilizar a lexislación que se viña aplicando ata a data, co fin de reducir o número de empresas en concurso que se acaban liquidando.
6 - Por que fallou o meu startup? As principais razóns dos fracasos
Saber que fallou para tratar de encontrar respostas a un fracaso. É o que moitos emprendedores buscan despois de que o seu startup non logre os seus obxectivos. O mercado potencial, o financiamento ou o equipo son algunhas das máis destacadas. Non son, polo tanto, moi distintas ás de compañías de maior tamaño.
7 - V informe das app en España
Unha imaxe que describe as principais características dun sector en expansión.
8 - De que lle serve a unha 'start up' preparar un plan de negocio?
Os documentos de 50 páxinas quedaron obsoletos, polo menos, para as empresas de nova creación. A clave está en ir ao grao, demostrar que sabes quen é o teu cliente e ser flexible ante os probables cambios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario