miércoles, 15 de octubre de 2014

ED481B - Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (Modalidade A).


15/10/2014 13:41:57

ED481B - Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (Modalidade A).


Prazo de presentación: 15/10/2014 - 14/11/2014.

Documentación


a) Documento asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda aceptando a súa candidatura
(anexo V).
b) Documento asinado polo/a responsable ou coordinador/a do grupo de investigación aceptando a persoa
candidata a ser destinataria da axuda no seo do grupo (anexo VI).
c) Documento asinado polo/a director/a do departamento manifestando a súa conformidade para a
integración no seu departamento da persoa candidata a ser destinataria da axuda (anexo VII).
d) Declaración opcional da persoa candidata a ser destinataria da axuda do compromiso de utilizar a lingua
galega na memoria final da actividade (anexo V).
e) Fotocopia do NIF da persoa candidata a ser destinataria da axuda, só no caso de non autorizar a
comprobación dos datos persoais a través do Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio
de Facenda e Administracións Públicas, que se recolle no anexo V, ou a fotocopia do pasaporte, no caso de
cidadáns non comunitarios que non teñan permiso de residencia en España.
f) Declaración da rama de coñecemento e da área temática ás cales se adscribe a persoa candidata a ser
destinataria da axuda (anexo V).
Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberá achegarse a seguinte documentación da persoa candidata a ser destinataria da axuda:
a) Copia do título de doutor/a ou doutro acreditativo de ter alcanzado o dito grao, en que conste a data da
súa obtención. No caso de título de doutor/a obtido no estranxeiro, copia da homologación ou da solicitude
de homologación presentada ante o órgano competente.
b) Copia do título de licenciatura, grao ou equivalente. Esta documentación unicamente terá que entregarse
se o título de licenciatura, grao ou equivalente foi obtido nunha universidade do SUG e o título de doutor
nunha universidade de fóra do SUG.
c) Currículo da persoa candidata a ser destinataria da axuda nun modelo normalizado (formato pdf), xunto
cos documentos xustificativos dos méritos alegados, e as copias de publicacións ou documentos

científico-técnicos, contribucións a congresos, etc., que se citen no currículo. Durante calquera momento do
procedemento a Secretaría Xeral de Universidades poderá solicitar ás universidades os comprobantes dos
méritos alegados.
d) Plan de traballo (cunha extensión de 1.200-2.000 palabras e asinado pola persoa candidata a ser
destinataria da axuda e pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación) das actividades
que se propoñen realizar durante a vixencia do programa.
e) Plan de estadía detallado no cal se indiquen os períodos de estadía previstos (que deberán de ser dun
mínimo de seis meses en cada un dos centros seleccionados), a súa duración e os centros de destino
escollidos, así como unha xustificación da importancia e relevancia internacional dos centros e grupos de
destino para o traballo que se vai desenvolver. Este plan terá que estar asinado pola persoa candidata a ser
destinataria da axuda e a persoa directora do grupo que figura na solicitude. Para cada un dos centros de
destino engadirase carta de aceptación da estadía asinada polo director ou directora do centro ou figura
equivalente.
f) Declaración responsable de non ter sido seleccionado nos programas posdoutorais Ángeles Alvariño e
Isidro Parga Pondal do Plan Incite, nos programas Juan de la Cierva e Ramón y Cajal e non ter gozado con
anterioridade de ningunha axuda posdoutoral que recolla estadías en centros de investigación no
estranxeiro de dous ou máis anos de duración (anexo V).


Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un   correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
SECRETARIA XERAL DE UNIVERSIDADES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
Servizo de Planificación e Estructuración da Investigación
San Caetano, s/n
15781
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: sxu@edu.xunta.es
Información web: http://www.edu.xunta.es


Obxecto

Modalidade A: contrato dun máximo de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración nunha universidade do SUG (anexo I).
Tamén teñen por obxecto a ampliación da especialización no estranxeiro de persoal investigador doutor, mediante o financiamento de estadías de investigación posdoutorais e a súa reincorporación a unha universidade do SUG.
O número, a duración e o importe daa axuda concedida será:
Na modalidade A: 50 axudas, dun máximo de tres anos, que se desenvolverán nas datas que se indiquen na resolución de adxudicación, que terán que ser a partir do 1 de abril de 2015 ata a data que corresponda segundo as sinaturas dos contratos das persoas seleccionadas, sen que en ningún caso poidan superar a duración máxima de tres anos e que non poderán ser obxecto de prórroga. O importe máximo de cada axuda é de 40.000 euros anuais, con contías variables enfunción do destino dos dous primeiros anos de estadía, tal e como se describe no artigo 3 do anexo I desta orde. A porcentaxe de axudas concedidas para cada rama de coñecemento das cinco recollidas no Real decreto 1393/2007 (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas; e Enxeñaría e Arquitectura) non será inferior
ao 14 % dos contratos financiados.

Beneficiarios

As universidades do SUG que contraten as persoas seleccionadas, a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita universidade.
Poderán acceder a estas axudas as universidades do SUG que presenten como candidatas persoas co grao de doutor que cumpran na data de peche da convocatoria as condicións que se indican no anexo I desta orde.

As persoas contratadas mediante estas axudas teñen as seguintes obrigas e dereitos:
1. Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.
2. Aterse ao réxime interno ou de funcionamento da institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no
relativo ás condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.
3. Poderá recibir bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que vai realizar segundo o seu
proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización). Na fase de estadía, as persoas
contratadas poderán recibir bolsas de axuda aos gastos de desprazamento e instalación sempre que sexan concordantes e
coherentes co plan de estadías aprobado. Nestes casos será preciso que a universidade beneficiaria presente na
Secretaría Xeral de Universidades, para a súa autorización se procede, unha breve memoria descritiva da bolsa a que se
opta asinada pola persoa contratada, acompañada dun informe do/a responsable ou coordinador/a do grupo e outro da
propia universidade na que estea contratada, con indicación expresa de que as ditas bolsas son compatibles co seu
traballo e co contrato asinado.
4. Presentar unha memoria final da actividade, de aproximadamente 2.000 palabras, na que se describa o traballo
realizado durante a duración do programa. O prazo para a súa presentación será dun mes desde a extinción do contrato de
traballo.
Requisitos
a) Ter o título de licenciatura, grao ou equivalente ou o título de doutoramento dunha universidade do SUG. Non obstante,
as persoas que non acadasen ningunha destas titulacións nunha universidade do SUG tamén poderán optar á axuda,
aínda que o número máximo das que se poderán conceder nese suposto non poderá exceder o 10% do total das
concedidas.
b) Estar en posesión do grao de doutor e que este fose obtido en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2009.
Entenderase como data de obtención do título de doutor a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.
A data de obtención do título de doutor/a poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2009, pero igual ou posterior ao 1 de
xaneiro de 2007, no caso dos/as titulados/as que acrediten fidedignamente que se atopaban de baixa maternal ou que
tiñan a cargo menores de 3 anos entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2008.
No caso de que o título de doutor/a fose obtido no estranxeiro deberá estar homologado segundo o establecido no Real
decreto 309/2005, do 18 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 285/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan
as condicións de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación superior. Para os efectos
sinalados neste apartado terase en conta a data de defensa da tese, non a data da homologación.
No caso dos solicitantes que estean en posesión de máis dun doutoramento, os requisitos expresados referiranse ao
primeiro dos doutoramentos obtidos.

c) Non ter sido seleccionado/a nos programas posdoutorais Ángeles Alvariño e Isidro Parga Pondal do Plan INCITE, nos
programas Juan de la Cierva e Ramón y Cajal e non ter gozado con anterioridade de ningunha axuda posdoutoral que
contemple estadías en centros de investigación no estranxeiro de dous ou máis anos de duración.
Normativa
AUTONÓMICA
Orde do 24 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento
2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 147 do 5 de agosto de 2014).
Acceda a este e a outros procedementos relacionados a través da guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia
en https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos

No hay comentarios:

Publicar un comentario