martes, 28 de octubre de 2014

NOVEDADES IGAPE 28/10/2014

   
 




Boletín de Noticias IGAPE Nova





1 - XORNADA TÉCNICA.- LIÑAS DE FINANCIAMENTO ENISA-IGAPE/JEREMIE 2014
O próximo xoves, día 6 de novembro, apartir das 10 da mañá, desenvolverase en Santiago de Compostela unha xornada técnica sobre as liñas de financiamento empresarial da Empresa Nacional de Innovación (ENISA) e da Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e Xesgalicia.
2 - AXENDA.- INNOVANDO "Cos Pés na Terra" (30 e 31 de outubro de 2014 no Forum Carballo)
Todos os indicadores apuntan á innovación como un dos factores que axudan a saír das crises, por iso queremos poñer en valor con estas xornadas iniciativas tanto locais como externas que axuden a todos e todas as que queiran asistir a visualizar iniciativas e compartir experiencias cos seus promotores.
3 - CONVOCATORIA.- XIX Premio Xove Empresario do Ano - AJE Pontevedra
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PEME organiza este ano a XIX Edición do Premio Xove Empresario.
4 - Os autónomos poderán contratar traballadores mantendo a tarifa plana de 50 €
A tarifa plana de 50 € durante os dous primeiros anos para os autónomos foi unha das medidas efectivas que máis dinamizou o sector. Non obstante tiña algunhas restricións absurdas, que agora en certa medida se van corrixir, posto que a Ministra de Emprego, Fátima Bañez anunciou onte que os autónomos poderán contratar traballadores mantendo a tarifa plana de 50 €.
5 - FORMACIÓN.- Curso on-line "Chaves do éxito no proceso de presentación de propostas a investidores"
Dende o vindeiro 31 de outubro ata o 28 de novembro do presente ano, celebrarase a través da plataforma virtual do Programa Uniemprende o Curso on-line "Chaves do éxito no proceso de presentación de propostas a investidores".
6 - Baixada da retención do IRPF ao 15% para tipo reducido de retención para autónomos de escasa facturación ou baixos ingresos
Unha das novidades contempladas na reforma fiscal para este final de 2014 e o vindeiro ano 2015 anunciada polo Goberno, es la reducción de la retención del IRPF para aquellos autónomos de escasa facturación o tambien de bajos ingresos.
7 - CONCURSO.- I Concurso FaiteDixit@l! de Aplicacións Móbiles
Tes unha idea innovadora para desenvolver unha aplicación para móbiles? Entón, este é o teu espazo! Participa no I Concurso FaiteDixit@l! de Aplicacións Móbiles, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración de Fundetec.
8 - O que ninguén che contará sobre montar unha Startup
E por que ninguén fala sobre iso? Pois porque é difícil, require aceptar e dicir en voz alta que moitas veces andas perdido, que non tes todas as respostas e que o estás a pasar mal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario