martes, 28 de octubre de 2014

PACTO POLO EMPLEO II 28-10-14



 

FORMACIÓN E MELLORA DA EMPREGABILIDADE PARA máis de 1.000 desempregados lucenses nas profesións máis demandadas na provincia

O  luns unha nova edición do Pacto polo Emprego II. Este plan contribuirá a facilitará a inserción no mercado laboral de 1.005 lucenses desempregados, ofrecéndolles formación e prácticas remuneradas nas profesións con máis demanda no mercado de traballo da provincia.
67 accións formativas para atopar emprego:

                    Os 67 cursos programados no Pacto polo Emprego II “responden á demanda real do mercado de traballo lugués”, detallou cales serán estas accións formativas:

- 19 cursos de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, cunha carga lectiva de 640 horas por curso.
- 19 cursos de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, de 490 horas por curso.
- 3 de técnico de transporte sanitario, de 425 horas.
- 6 de operacións básicas de cociña, de 420 horas.
- 5 de operacións básicas de restaurante e bar, de 360 horas.
- 6 de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, de 270 horas.
- e 9 en asesoramento na función xerencial e no autoemprego, de 180 horas.
         En que consiste a formación:

Os beneficiarios accederán “a formación teórica e práctica en recoñecidas empresas e asociacións da provincia mediante a realización de cursos de calidade que, en ocasións, superan as 600 horas formativas”.
Os participantes recibirán durante todo o proceso de formación unha prestación económica equivalente ao 75% do IPREM, isto é, uns 400 euros mensuais, cantidade máxima que a normativa que regula o Fondo Social Europeo permite.
Esta axuda mensual é compatible coa percepción da prestación por desemprego ou de calquera outra axuda pública da mesma finalidade, sempre e cando o total mensual non supere precisamente o 75% do IPREM.

A quen está dirixido e como inscribirse:

Estes beneficiarios poderán ser desempregados de todos os Concellos da provincia -agás o de Lugo, posto que este xa conta co seu propio plan equivalente-, que para participar só teñen que estar inscritos como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego -antes denominadas Servizo Galego de Colocación-.
Malia que este programa está dirixido calquera persoa desempregada, teranse en especial consideración, tal e como indican as bases, determinados colectivos con máis dificultades:

- menores de 30 anos e maiores de 45
- desempregados de longa duración
- persoas con diversidades funcionais
- vítimas de maltrato
- persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social
- as pertencentes a minorías étnicas
- os inmigrantes
- mozos que non superaran a ensinanza obrigatoria
- coidadores non profesionais que atenden a dependentes


- outros colectivos en risco de exclusión social.
A vindeira semana os interesados en tomar parte xa poderán dirixirse á súa oficina de emprego e, simplemente, manifestar que están interesados en participar nos cursos da Deputación. Máis información en www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 260 088.

No hay comentarios:

Publicar un comentario