jueves, 27 de noviembre de 2014

Boletín de Noticias IGAPE: 27/11/2014

   
 











1 - IGAPE.Guías de Actividade Empresarial: Arranxo de roupa e calzado
O Igape revisou e actualizou os contidos desta guía, permitindo que emprendedores, empresarios e técnicos de apoio á creación de empresas poidan empregala na elaboración do seu modelo de negocio.
2 - Sete ratios básicos da empresa que todo director financeiro debe manexar
Todo director financeiro debe dispoñer da información relativa aos peches mensuais que se realicen nas empresas para as que presta os seus servizos, para así poder realizar as análises dos estados financeiros das sociedades do seu ámbito de actuación, garantir as solvencia das sociedades que administre e optimizar os recursos financeiros da empresa.
3 - 6 consellos para que o teu startup sobreviva ao seu primeiro ano
Por fin decidíchelo. Tras meses (anos, mesmo) pensando e valorando, chegaches á conclusión de que a túa idea é o suficientemente boa, de que os consumidores necesitan o teu produto, de que realmente hai un nicho de mercado para ti. E puxécheste a montar unha startup.
4 - Ábrese a convocatoria dos Premios Fundetec 2014
Para proxectos que melloren as competencias dixitais do cidadán, a xestión intelixente da cidade e a competitividade da pemes.
5 - IVE 2015: como funcionará o IVE nos servizos prestados por vía electrónica
Un dos cambios fundamentais que temos a partir do ano 2015, é o cambio na tributación do IVE dos servizos prestados por vía electrónica. O cambio afecta ás operacións de servizos por vía electrónica B2C; é dicir, aquelas operacións nas que o destinatario final é un consumidor.
6 - Seminario. Xestionar unha tenda online (4 de decembro)
Amtega organiza en Ourense, o vindeiro 4 de decembro, un seminario de 4 horas sobre a experiencia de xestionar unha tenda on line e os erros que non se deben cometer.
7 - Programa INNOVATION STARTUP CAMP
O Programa INNOVATION STARTUP CAMP consiste nunha experiencia piloto, que seleccionará quince mozos titulados que teñan un gran potencial emprendedor en innovación para que, no prazo de sete semanas e co apoio dos seus mentores, ideen e deseñen STARTUPS de alto contido innovador.
8 - Unha fibra óptica con sete 'carrís' consegue 20 veces máis velocidade de transmisión
Investigadores holandeses e estadounidenses bateron un récord de velocidade de transmisión de datos con 255 terabits por segundo, sobre un novo tipo de fibra, que ten 21 veces máis ancho de banda que o dispoñible actualmente nas redes de comunicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario