martes, 25 de noviembre de 2014

Bolsas no Parlamento de Galicia.Xoves, 20 Novembro 2014 08:24


O Parlamento de Galicia convoca 8 bolsas de formación práctica:
- 4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
- 1 bolsa de formación en comunicación institucional.
- 2 bolsas de formación en publicacións.
- 1 bolsa de formación en informática.
As bolsas terán unha duración de doce meses.
A contía total de cada bolsa será de 1.000 € mensuais.
Requisitos:
1) Bolsas de arquivo, biblioteca e documentación: grao ou licenciatura universitaria en Documentación, grao en Información e Documentación
ou diplomatura en Biblioteconomía e Documentación.
2) Bolsa de comunicación institucional: grao ou licenciatura universitaria en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas ou Comunicación
Audiovisual.
3) Bolsas de publicacións: grao ou licenciatura universitaria en Tradución e Interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa
combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega, ou licenciatura en Filoloxía Galega.
4) Bolsa de informática: grao ou licenciatura ou diplomatura universitaria en Informática.
As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2008-2009 ou en anos posteriores.
O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 4 de decembro de 2014.
Máis información no Boletín oficial do Parlamento de Galicia do 19 de novembro de 2014 e no DOG do 21 de novembro de 2014.
http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90375_2.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario