jueves, 6 de noviembre de 2014

Boletín de Noticias IGAPE Nova 6/11/2014

   
 




Boletín de Noticias IGAPE Nova





1 - Xornada ENTIC: Empresas intelixentes e xestión enerxética (11/11/2014)
Santiago de Compostela, acollerá esta xornada onde se presentarán 4 exemplos de éxito na implantación de medidas de eficiencia enerxética e sostibilidade, aplicadas coa apoio das TIC, ademais de información actualizada sobre as actividades e servizos de ENTIC.
2 - Xornada. Rede de mentores do Igape. (Padrón. 10/11/2014)
Ás oito da tarde terá lugar unha xonrada de difusión dos servizos da rede de mentores do Igape, á que poden acollerse tanto empresas que necesiten contar coa colaboración de expertos, como profesionais que desexen compartir os seus coñecementos.
3 - Xornada. Mellorar desmarcándose. Concello de Santiago
Unha oportunidade de vivir seis encontros con persoas emprendedoras e empresariado xa consolidado, que achegarse a unha visión realista e contrastada das distintas vías e camiños que levan ás persoas a converterse en empresarias.
4 - Guías de Actividade Empresarial: Pequena editorial.
O Igape revisou e actualizou os contidos desta guía, permitindo que emprendedores, empresarios e técnicos de apoio á creación de empresas poidan empregala na elaboración do seu modelo de negocio.
5 - ANCES convoca os VII Premios Nacionais EIBT. (Ata o 20 de novembro)
A asociación nacional de CEEIs convoca este premio, cuxo obxectivo é fomentar a creación e consolidación de empresas baseadas na innovación tecnolóxica, favorecendo o desenvolvemento empresarial e potenciando o espírito emprendedor.
6 - Craves para que o banco che financie o teu proxecto emprendedor
Es un emprendedor raso, cunha idea normaliña como a media dos españois, e normalmente utilizas o banco para trámites persoais habituais, de momento esíxeslle pouco, pero agora asáltache unha idea e queres poñela en marcha, non tes diñeiro e non coñeces a ninguén que cho preste, e decides que tes que ir ao banco.
7 - O espírito emprendedor dinamiza a economía dun país, por Catalina Hoffmann
Na nosa sociedade existen infinidade de definicións de que é e cal é o papel que debe xogar un emprendedor. Pero no que todos parecen coincidir, é en que un emprendedor é unha persoa decidida, en alerta permanente para descubrir as oportunidades existentes nun mercado (que normalmente adoita coñecer bastante ben) e que actúa rápida e eficientemente para aproveitalas.
8 - Que elixir crowdfunding ou Business Angels?
O financiamento sempre preocupa e para os emprendedores adoita ser o principal dilema que se lles presenta, aínda que realmente na maioría das ocasións o que acontece é as árbores non deixan ver o bosque.





---------------------------------------------------------------------------------------------------
Para acceder a tódalas novas publicadas en datas anteriores pulse aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario