jueves, 20 de noviembre de 2014

Cursos do Pacto polo Emprego II. 2014-2015


O Pacto polo Emprego II

20-11-14 Lugo, 20 de novembro de 2014.-
O Pacto polo Emprego II conta cun orzamento total de 4,1 millóns de euros, cofinanciados nun 80% por fondos europeos.
Cursos na Mariña
  A Mariña acollerá 19 accións formativas das 67 programadas en total, o que supón máis de 8.000 horas de formación teórica e práctica para 255 desempregados mariñanos.
As accións formativas que se celebrarán na Mariña son as seguintes:
6 cursos de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio
5 de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
1 de Técnico de Transporte Sanitario
2 de Operacións básicas de Cociña
2 de Operacións básicas de restaurante e bar
1 de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais
2 de Asesoramento na función xerencial e o autoemprego.

Estes 19 cursos sumarán 8.725 horas de formación remunerada que axudarán a máis de mil parados lugueses a atopar un posto de traballo.
Todos os beneficiarios accederán a formación teórica e práctica en recoñecidas empresas e asociacións da provincia, para cuxa selección tamén se incluíron cláusulas sociais. Estas empresas ofrecerán, ademais, titorías individuais sobre habilidades sociais como, por exemplo, o mellor xeito de presentarse a unha entrevista de traballo, redactar un bo currículum, poñer en marcha unha empresa, etc.

    Así, aos participantes non se lles esixe ningunha titulación, e durante o proceso de formación todos eles recibirán unha prestación económica equivalente ao 75% do IPREM, isto é, uns 400 euros mensuais, cantidade máxima que a normativa que regula o Fondo Social Europeo permite. Esta axuda mensual é compatible coa percepción da prestación por desemprego ou de calquera outra axuda pública da mesma finalidade, sempre e cando o total mensual non supere precisamente o 75% do IPREM.

A quen está dirixido
      
         Os beneficiarios poden ser desempregados de todos os Concellos da provincia -agás o de Lugo, posto que este xa conta co seu propio plan equivalente-, e para participar só teñen que estar inscritos como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego -antes denominadas Servizo Galego de Colocación-.
        Malia que este programa está dirixido calquera persoa desempregada, teranse en especial consideración, tal e como indican as bases, determinados colectivos con máis dificultades:
- menores de 30 anos e maiores de 45
- desempregados de longa duración
- persoas con diversidades funcionais
- vítimas de maltrato
- persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social
- as pertencentes a minorías étnicas
- os inmigrantes
- mozos que non superaran a ensinanza obrigatoria
- coidadores non profesionais que atenden a dependentes
- outros colectivos en risco de exclusión social.
Como inscribirse
Os interesados en tomar parte só teñen que dirixirse á súa oficina de emprego habitual e simplemente manifestar que están interesados en participar nos cursos da Deputación. Máis información en www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 260 088.

No hay comentarios:

Publicar un comentario