jueves, 20 de noviembre de 2014

Boletín de Noticias IGAPE Nova. 20/11/2014

   
 




Boletín de Noticias IGAPE Nova





1 - Open future organiza a xornada "Aprende a Venderte" (25 de novembro en Santiago)
Nela falarse do plan comercial, a realización de presentacións eficaces e do uso de Linkedin para negocios.
2 - Un proxecto galego sobre drones para emerxencias médicas na rúa, galardoado por Adecco como 'Idea máis brillante'
A consultora Adecco elixiu como gañador do 'Premio á Idea máis brillante de España' a Alfonso Zamarro, un galego de 22 anos, polo seu servizo "Dea Drones" de drones para emerxencias médicas na rúa "de xeito rápido e eficaz".
3 - Subcontratar ou non: algunhas claves para o emprendedor
Cando un emprendedor está a planificar a súa futura empresa é habitual que se enfronte a duras decisións de organización da súa empresa, e é que debe pasar rapidamente da idea a como executala, sendo esta segunda parte moito máis importante e a clave do éxito.
4 - Como se calcula o fondo de manobra e o cash flow
O calculo do fondo de manobra e do cash flow son magnitudes clave a ter en conta para a correcta xestión financeira das empresas. Ambas as dúas magnitudes, pero de diferente xeito, móstrannos a saúde dunha empresa, e a súa capacidade para facer fronte aos seus compromisos de pagamento.
5 - Así serán as novas nóminas dos traballadores
A partir deste mes de Novembro, algúns traballadores verán cambios no recibo de nómina das súas empresas. O Ministerio de Emprego aprobou un novo modelo de nómina que as empresas terán que ir adoptando de forma progresiva ata o 12 de Maio de 2015.
6 - A posta a punto da Reforma Fiscal
Últimos pasos. Últimas discusións. E, ao final do túnel agárdanos, xa inquieta, a Reforma fiscal.
7 - Re-emprender, a alternativa a arrancar un negocio de cero
Son moitas as pequenas firmas que desaparecen cando o propietario se xubila, trasládase de cidade ou simplemente tira a toalla. Iniciativas como Reempresa axudan a encontrar persoas que collan a testemuña.
8 - Un robot español para limpar a piscina das nucleares
Titania abastece de auga borada durante 30 días as nucleares en situacións de emerxencia; en 2011, Fukushima só aguantou 18 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario